facultade economicas santiago

Mañá celébrase a xornada “Nova regulación dos mercados financeiros e o seu impacto na empresa” no Centro Abanca Obra Social

A Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) impulsa este evento de entrada libre en colaboración con IEAF Galicia e Abanca

A Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), en colaboración coa delegación galega do Instituto Español de Analistas Financieros (IEAF), organiza a xornada “La nueva regulación de los mercados financieros y su impacto en la empresa”, que desenvolverase mañá no Centro Abanca Obra Social, de Santiago (Praza de Cervantes).

Esta cita de balde conta tamén coa colaboración de Abanca, IESIDE Business Institute e enmárcase nos actos de conmemoración do 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia.

O evento comezará ás 10.00 horas e na súa inauguración van estar presentes: Santiago Sesto Gontán, director de Zona Noroeste de APD; Emilia Vázquez, presidenta de IEAF Galicia e decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago; e José  Manuel  Vilariño, coordinador de negocio institucional na Coruña de ABANCA.

Na sesión “Novedades en la regulación de los mercados financieros. Retos y oportunidades para la empresa” tomarán a palabra: Jorge Yzaguirre, presidente do Instituto Español de Analistas Financieros (IEAF) e director de mercados de Bolsas y Mercados Españoles; y Ramiro Martínez-Pardo, director do Observatorio sobre la reforma de los mercados financieros europeos 2017.

Na mesa redonda “Innovación digital en el sistema financiero y su impacto en el sector empresarial” participaran, ademáis dos relatores anteriores, Alejandro Álvarez, director financiero de Cafés Candelas; e Teresa Mariño, responsable do Master en dirección económico-financiera. Moderará Luis Otero, profesor do departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago e membro da Xunta Directiva de IEAF Galicia.

Durante este encontro presentaranse as conclusións da X Edición do “Observatorio sobre la reforma de los mercados financieros”, da man da Fundación de Estudios Financieros FEF.

Deixa unha resposta