xornada económicas en abanca

Estase a desenvolver a xornada “Nova regulación dos mercados financeiros e o seu impacto na empresa” no Centro Abanca Obra Social

A Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) impulsa este evento en colaboración con IEAF Galicia e Abanca

O Centro Abanca Obra Social de Santiago (Praza de Cervantes) acolle hoxe a xornada “La nueva regulación de los mercados financieros y su impacto en la empresa”.

A Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), en colaboración coa delegación galega do Instituto Español de Analistas Financieros (IEAF), organiza esta cita que conta coa colaboración de Abanca, IESIDE Business Institute e enmárcase nos actos de conmemoración do 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia.

Durante este encontro presentaranse as conclusións da X Edición do “Observatorio sobre la reforma de los mercados financieros”, da man da Fundación de Estudios Financieros FEF.

O evento conta, entre outros protagonistas, con: Santiago Sesto Gontán, director de Zona Noroeste de APD; Emilia Vázquez, presidenta de IEAF Galicia e decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago; e José  Manuel  Vilariño, coordinador de negocio institucional na Coruña de ABANCA.

Na sesión “Novedades en la regulación de los mercados financieros. Retos y oportunidades para la empresa” toman a palabra: Jorge Yzaguirre, presidente do Instituto Español de Analistas Financieros (IEAF) e director de mercados de Bolsas y Mercados Españoles; y Ramiro Martínez-Pardo, director do Observatorio sobre la reforma de los mercados financieros europeos 2017.

Na mesa redonda “Innovación digital en el sistema financiero y su impacto en el sector empresarial” participan, ademais dos relatores anteriores, Alejandro Álvarez, director financiero de Cafés Candelas; e Teresa Mariño, responsable do Master en dirección económico-financiera. Moderará Luis Otero, profesor do departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago e membro da Xunta Directiva de IEAF Galicia.

 

Deixa unha resposta