Voluntariado 50 aniversario

Voluntariado 50 aniversario

Os estudantes da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago poden colaborar como voluntarios no 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia.

Deste xeito, poderán participar dun modo máis activo na celebración e nas súas distintas actividades.

Como recoñecemento desa participación, existe a posibilidade de validar ese tempo dedicado a voluntariado como créditos transversais ECTS, ata dous; para iso cómpre estares rexistrado no Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC www.usc.es/gl/servizos/sepiu

Os interesados en ser voluntarios do 50 aniversario poden solicitar máis información por correo electrónico. (correo a zecodeca@usc.es)

Créditos ECTS

Recoñecemento de créditos ECTS por actividades de voluntariado

Para o recoñecemento académico das actividades como voluntarios e voluntarias, cómpre estar rexistrado no SEPIU (www.usc.es/gl/servizos/sepiu) e realizar unha parte formativa de balde, pero que ten carácter obrigatorio.

Esta formación é en liña e os contidos facilítanse dende o SEPIU. Está formada por un módulo introdutorio común e un módulo específico da actividade a desenvolver, neste caso voluntariado cultural.

Ademais disto tamén hai que facer unha memoria de non menos de 1000 palabras de extensión sobre as actividades realizadas e as impresións sobre a organización das mesmas, as relacións cos xestores e compañeiros e as aprendizaxes acadadas.

Como remate da actividade será preciso cubrir unha enquisa en liña anónima.

Non será preciso realizar a formación teórica (os dous módulos) cando se teña feito o Curso de Iniciación ao voluntariado e a cooperación ou o Curso de formación básica en voluntariado en calquera das súas modalidades. Si é obrigatoria a realización da memoria e a enquisa de avaliación.

Documentación

Documentación necesaria para rexistrarse como voluntario:

Descarga da ficha de inscrición

Copia do documento de identidade

Dúas fotografías tipo carné