V Encontro Internacional de Mozos Emprendedores

O EIXE (Encontro Internacional de Xóvenes Emprendedores) é unha iniciativa de colaboración entre centros universitarios que estreita lazos entre os mozos galegos e do norte de Portugal.

O seu obxectivo e o de fomentar a cultura emprendedora entre os estudantes.

A súa quinta edición, celebrouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo os días 22 e 23 de marzo de 2018.

O EIXE naceu co impulso da Escola Superior de Ciências Empresariais, pertencente ao Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC), e en pasadas citas pasou polas universidades da Coruña, o centro en Braga da Universidade Católica Portuguesa.

Trátase dun evento xa consolidado que é referencia en tecer pontes a prol do emprendemento no seu territorio.

 

 

Encontro Internacional de Xóvenes Emprendedores.

Máis información: Portal web do V Encontro Internacional de Xóvenes Emprendedores