Traxectoria

PERCORRIDO HISTÓRICO DOS ESTUDOS DE ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS EN GALICIA

Curso 1967 – 1968

Comezan os estudos da Sección de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago, na Facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais, creada xunto coa de Valencia no ano anterior 1966.

Os estudos non contan con edificio propio e peregrinarán pola antiga Facultade de Dereito, hoxe Xeografía e Historia; o Burgo das Nacións, Farmacia; ou o edificio de Fonseca.

1972 Escola de Comercio da Coruña

A escola de Comercio da Coruña, nada a mediados do século XIX, pasa a ser parte, como escola universitaria, da Universidade de Santiago.

1974 Sección de Ciencias Empresariais

Inícianse os estudos correspondentes á Sección de Ciencias Empresariais en Santiago.

1976 Novo edificio en Santiago

O edificio da Facultade no Campus Norte abre as súas portas.

1977 Colexio Universitario de Vigo

1.977 Comezan as aulas de Económicas no Colexio Universitario de Vigo, situado en Lagoas-Marcosende.

Curso 1977 – 78

Neste curso comezan a impartirse os Estudos da Diplomatura en Ciencias Empresariais en Lugo.

1978 Colexio Universitario da Coruña

Os estudos do Colexio Universitario da Coruña intégranse na Universidade de Santiago.

1986 Escola de Estudos Empresariais

En Ourense comeza a funcionar a Escola de Estudos Empresariais, impartíndose a Diplomatura de Ciencias Empresariais.

1989 Novas Universidades

Nacen as universidades da Coruña e de Vigo coa Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia.

1992 Revista Galega de Economía

Aparece, grazas ao patrocinio de José Antonio Orza entonces conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, o primeiro número da Revista Galega de Economía, publicación de referencia de periodicidade semestral.

1993 Créditos

Apróbanse os novos plans de estudos das licenciaturas en Economía e en Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago nos que, por vez primeira, as distintas materias se computaban en créditos. Poranse en marcha no curso 1993-1994.

1995 Novo edificio Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Lugo

Neste curso trasládase a Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Lugo ao seu novo edificio no campus universitario.

Tamén comeza a impartirse o segundo ciclo da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas na cidade lucense, funcionando como Sección Delegada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago.

2001 Campus de Lugo

Créase a Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, mediante a unión da Escola Universitaria de Estudios Empresariais e a Sección Delegada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

2009 Novos Graos

Comezan a impartirse os grao en Economía e en Dirección e Administración de Empresas adaptados ó Espazo Europeo de Educación Superior e os distintos másteres na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, trala ordenación dos ensinos universitarios.

Listado de Decanos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago

  • Carlos Otero Díaz 1967-1968
  • Luis Suárez-Llanos Gómez 1969-72 / 1975-80
  • José Castillo Castillo 1972-73
  • Bernardo Pena Trapero 1973-75
  • Jaime García-Lombardero y Viñas 1980-82
  • Xosé Manuel Beiras Torrado 1982-83
  • José Vilas Nogueira 1984-86
  • Luis Caramés Viéitez 1987-89
  • José Carlos de Miguel Domínguez 1989-95
  • Javier Rojo Sánchez 1995-2003
  • Xaime Barreiro Gil 2003-07
  • Maite Cancelo Márquez 2007-10
  • María Emilia Vázquez Rozas 2010 – Actualidade
Decanos da factuldade de Económicas e ADE da USC

FACULTADES Y ESCUELAS DE CIENCIAS ECONÓMICAS Y EMPRESARIALES EN GALICIA

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago

Decana: Emilia Vázquez Rozas

www.usc.es/es/centros/ecoade/

Facultade de Administración de Empresas do campus de Lugo, Universidade de Santiago

Decana: Begoña Barreiro

Begoña Barreiro

www.usc.es/es/centros/empresas/

Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña

Decano: Anxo Calvo

Anxo Calvo

www.economicas.udc.es/

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo

Decano: Santiago Gómez

Santiago Gómez

fccee.uvigo.es/es

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense, Universidade de Vigo

Decana: Elena Rivo López

Elena Rivo López

fcetou.uvigo.es

Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo

Directora: Consuelo Currás Valle

Consuelo Currás Valle

euee.uvigo.es/es

FACULTADES Y ESCUELAS DE CIENCIAS ECONÓMICAS Y EMPRESARIALES EN GALICIA