actos

O 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia porá o ramo o mércores 28 de novembro cunha xornada repleta de actividades

Contará cunha mesa redonda e exposición de portadas sobre “Os 50 anos de Economía Galega na prensa” e as presentacións do Catálogo de obras de arte da Facultade e dun número especial da Revista  Galega de Economía

A conmemoración dos 50 anos dos estudos universitarios de economía e empresa en Galicia encara a súa clausura cunha xornada repleta de actividades que se celebrará na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC o mércores 28 de novembro.

A xornada iniciarase cunha reunión do Comité Consultivo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

O Salón de Graos acollerá, desde as 11:00 horas, a presentación do Catálogo de obras de arte da Facultade, coa participación do catedrático e exdecano do centro José Carlos de Miguel e de José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia de Arte Moderna e Contemporánea.

Ás 11:30 horas chegará a presentación do número extraordinario da Revista  Galega de Economía, que recolle as participacións e conclusións do Congreso  “50 anos de economía galega”, celebrado o mes de abril dentro do calendario de actividades do aniversario. Estarán presentes María del Carmen Guisán, directora da Revista  Galega de Economía; e o catedrático de Facenda Pública Luís Caramés.

A mesa redonda “Os 50 anos de Economía Galega na prensa”, desde as 12:10 horas, contará con Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; os profesores  Xaime Barreiro e José Antonio Varela; e os xornalistas Sofía Vázquez (La Voz de Galicia) e  Xavier Cea (O Correo Galego).

Precisamente o tratamento da economía pola prensa é o eixo da exposición homónima que se inaugurará, na entrada da Facultade, a continuación.

Recolle un total de 45 portadas e de páxinas destacadas desde 1968, ano de inicio dos estudos de economía en Galicia e da inauguración da Facultade compostelá.

A mostra serve como percorrido pola historia económica e do xornalismo e contou para a súa elaboración coa colaboración de La Región, El Progreso, Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

Esta exposición estará exposta no centro durante os próximos meses.

Coma peche da xornada e máis do 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia chegará o acto de clausura, onde participarán Antonio Lopez, reitor da Universidade de Santiago; e María Emilia Vázquez Rozas, decana da Facultade.

Rematará deste xeito un extenso calendario de actividades que contou, durante máis de 12 meses, con acontecementos coma o congreso “50 anos de economía galega”; a celebración da fase final da X Olimpíada Española de Economía; a reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE); o “Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior”; ou o “Encontro Universidade – Empresa  APD”, entre outras propostas.

Posted by trevisani in novas, 0 comments

X Olimpiada Española de Economía

Un dos grandes eventos dentro do 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia é a celebración na Facultade da fase final da X Olimpiada Española de Economía.

É un concurso anual dirixido a alumnas e alumnos de segundo de bacharelato de toda España.

Despois de distintas fases locais celébrase a final, na que compiten os 3 estudantes seleccionados polas distintas universidades.

A proba conta con contidos de economía xeral e de economía da empresa, que determina os dez alumnos premiados en cada edición da Olimpiada.

“As novas finanzas no mundo dixital”, curso de verán na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC aberto a todos os interesados

“As novas finanzas no mundo dixital”, curso de verán na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC aberto a todos os interesados

Desenvolverase os días 4 e 5 de xullo e o prazo de matrícula finaliza o 23 de xuño

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, xunto á delegación en Galicia do Instituto Español de Analistas  Financeiros (IEAF), Fundación Abanca, e o Grupo de Investigación  VALFINAP do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC, organiza o curso de verán “As novas finanzas no mundo dixital”.

Está dirixido a profesionais, estudantes universitarios de calquera titulación e público en xeral ata un máximo de 80 participantes. O seu prazo de matrícula remata o 23 de xuño.

A profesora Loreto Fernández é a directora deste curso “As novas finanzas no mundo dixital”.

A actividade ten un custo xeral de 70 euros, 40 en caso de taxa reducida para estudantes, pensionistas, membros da comunidade USC, desempregados e socios da Asociación de Antigos Alumnos.

A USC recoñece academicamente este curso con 1 crédito  ECTS para todas as titulacións de Grao e o IEAF, con 12 horas de recertificación, 6 por cada unha das súas dúas xornadas.

Máis información na páxina web 

Programa de “As novas finanzas no mundo dixital”

 

Programa de “As novas finanzas no mundo dixital”

Mércores, 4 de xullo:

9:00 h  Inauguración do curso

9:30 h  Fintech na Economía Colaborativa.

Javier Méndez Llera, Secretario Xeral e Director Xeral de IEAF-FEF.

10:30 Impacto Fintech no negocio da Banca.

Alfredo Jiménez, Director do Servizo de Estudos e Análises de IEAF-FEF.

12:00 h Perspectivas xerais da tecnoloxía financeira nos mercados.

Miguel Jaureguizar, Director do Desenvolvemento Dixital de Renta4 Banco.

13:00 h A Banca no século XXI. Novos retos e respostas aos cambios tecnolóxicos.

José Luís Cayuela, Conselleiro Delegado de Kydel Partners.

16:00 h Ciberseguridade na operativa financeira e a fraude.

Rubén Frieiro Barros, Socio de DELOITTE.

 

Xoves, 5 de xullo:

9:30 h Novas claves estratéxicas no sector financeiro.

Manuel Ferro Novoa, Xerente de Planificación e Estudos de Abanca.

10:15 h Os retos do proceso de innovación tecnolóxica nunha entidade financeira.

Eduardo Aldao Castelo, Director deI nnovación  de Abanca ..

11:15 h Os novos requisitos na arquitectura tecnolóxica.

Rebeca Carolina Cores Carreira, Directora de Arquitectura TI de Abanca.

12:30 h A Banca móbil como principal canle de vinculación.

Francisco Javier Díaz López, Xerente de Banca Dixital de Abanca.

13:15 h Requirimentos xurídicos no marco da dixitalización.

María Paula Lum Pampín, Asesora Xurídica de Abanca.

16:00 h Mesa redonda: “O poder disruptivo das start-ups no sector Fintech”.

Luís Taboada, CEO e fundador de Qbitia

David Conde, CEO e fundador de Sensei Trade e Coinscrap

Gonzalo Camiña, CEO e fundador de Opseeker.

19:00 h Clausura do curso

Posted by trevisani in novas, 0 comments
“As novas finanzas no mundo dixital”, curso de verán na Facultade de Económicas da USC

“As novas finanzas no mundo dixital”, curso de verán na Facultade de Económicas da USC

Os días 4 e 5 de xullo desenvolverase o curso “As novas finanzas no mundo dixital”

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, xunto á delegación en Galicia do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF), a Fundación Abanca, e máis o Grupo de Investigación VALFINAP do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC organizan o Curso de Verán “As novas finanzas no mundo dixital”.

Está dirixido a estudantes universitarios de calquera titulación, docentes, profesionais da industria financeira e público en xeral, ata un máximo de 80 participantes.

Toda a información sobre o mesmo está dispoñible no seu portal web.

Programa de As novas finanzas no mundo dixital

Programa de “As novas finanzas no mundo dixital”

Mércores, 4 de xullo:

9:00 h  Inauguración do curso
9:30 h  Fintech na Economía Colaborativa

          Javier Méndez Llera, Secretario Xeral e Director Xeral de IEAF-FEF.
10:30 Impacto Fintech no negocio da Banca. 

          Alfredo Jiménez, Director do Servizo de Estudos e Análises de IEAF-FEF.

11:30 Descanso

12:00 h Perspectivas xerais da tecnoloxía financeira nos mercados.
Miguel Jaureguizar, Director do Desenvolvemento Dixital de Renta4 Banco.

13:00 h A Banca no século XXI. Novos retos e respostas aos cambios tecnolóxicos.  
José Luís Cayuela, Conselleiro Delegado de Kydel Partners.
14:00 Descanso
16:00 h Ciberseguridade na operativa financeira e a fraude. 
Rubén Frieiro Barros, Socio de DELOITTE.

Xoves, 5 de xullo:

9:30 h Novas claves estratéxicas no sector financeiro.
Manuel Ferro Novoa, Xerente de Planificación e Estudos de Abanca.
10:15 h Os retos do proceso de innovación tecnolóxica nunha entidade financeira. 
Eduardo Aldao Castelo, Director deI nnovación  de Abanca ..
11:15 h Os novos requisitos na arquitectura tecnolóxica.
Rebeca Carolina Cores Carreira, Directora de Arquitectura TI de Abanca.
12:00 h Descanso
12:30 h A Banca móbil como principal canle de vinculación.
Francisco Javier Díaz López, Xerente de Banca Dixital de Abanca.
13:15 h Requirimentos xurídicos no marco da dixitalización. 
María Paula Lum Pampim,  Asesora Xurídica de Abanca.
14:00 h Descanso
16:00 h Mesa redonda: “O poder disruptivo das start-ups no sector Fintech”.
Luís Taboada, CEO e fundador de Qbitia
David Conde, CEO e fundador de Sensei Trade e Coinscrap
Gonzalo Camiña, CEO e fundador de Opseeker.
19:00 h Clausura do curso

 

Posted by trevisani in novas, 0 comments

O Congreso “50 Anos de Economía en Galicia” abordará esta semana a disciplina dende múltiples perspectivas

Un total de 44 relatores tomarán parte de 13 sesións que se desenvolverán o xoves 12 e o venres 13, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolle o xoves 12 e o venres 13 de abril o Congreso “50 Anos de Economía en Galicia”.

Trátase dunha das grandes citas dentro do calendario de actividades conmemorativo dos 50 anos da súa posta en marcha e contará cun total de 13 sesións nas que tomarán parte 44 relatores entre os que se atopan empresarios, economistas, xestores públicos e académicos.

A súa inauguración será o xoves 12, ás 9:30 horas.

Apunta a decana, Emilia Vázquez Rozas: “Dende a Facultade queremos dar a coñecer á sociedade a importancia que para o desenvolvemento da sociedade teñen os nosos estudos, e pensamos que a mellor forma é mostrar, con exposicións de distintas temáticas, cal é a situación actual da economía galega e a súa evolución nos últimos anos. Contaremos coas aportacións de persoas expertas, tanto do ámbito académico como do mundo profesional, que ao longo de dúas xornadas debaterán sobre cuestións tan importantes para Galicia como a demografía, a formación  ou  o emprego. E analizaranse algúns dos sectores de maior relevancia na nosa Comunidade, así como os cambios experimentados nas organizacións empresariais.  O sector público e a análise de Galicia en Europa terán tamén o seu espazo de análise e reflexión”.

Na primeira xornada, as mesas abordarán a nova organización empresarial; as mudanzas sobre a poboación e as condicións de vida; a formación universitaria; os cambios no sector industrial; as dinámicas no sector pesqueiro; a evolución e máis a situación actual dos principais indicadores económicos de Galicia; e os recursos enerxéticos e mineiros.

Xa o venres 13, o Congreso encarará o mercado de traballo; os sectores agrario e forestal; o turismo como fonte de riqueza; os servizos financeiros e os cambios na banca; o gasto público; e a situación de Galicia en España e na UE.

A partires deste Congreso “50 Anos de Economía en Galicia” publicarase un número especial da Revista Galega de Economía.

Web do Congreso

Programa do Congreso 50 anos de Economía en Galicia

Posted by trevisani in novas, 0 comments
O número 153 de Papeles de Economía presentarase na Facultade de CC. Económicas e Empresariais de Santiago

O número 153 de Papeles de Economía presentarase na Facultade de CC. Económicas e Empresariais de Santiago

O número temático sobre “Economía de las Ciudades” de Papeles de Economía amosarase o xoves 15 de marzo, ás 13:00 horas

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago continúa a programar actividades, no marco do 50 aniversario dos seus estudos en Galicia.

O xoves 15 de marzo, ás 13:00 horas, o Salón de Grados do centro acollerá a presentación do número 153 da revista Papeles de Economía: “Economía de las Ciudades”.

Na mesa do evento estarán a decana, María Emilia Vázquez Rozas; o conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde López; o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña Pérez de Tudela; o director da revista Papeles de Economía, Eduardo Bandrés Moliné; e máis o coordinador do número 153, o catedrático Luis Caramés.

Máis información sobre o número 153 de Papeles de Economía

 

Facultade de Económicas Santiago Papeles de Economía Española, número 153

Posted by trevisani in novas, 0 comments
O xoves 1 de marzo, “Claves para un novo modelo enerxético”

O xoves 1 de marzo, “Claves para un novo modelo enerxético”

Cos profesores Xoán Ramón Doldán García e Rosa María Regueiro Ferreira, ás 12:00 horas, na aula B da Facultade compostelá

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago prosegue cos coloquios de Economía Aplicada. Análise en clave galega.

A seguinte cita é o xoves 1 de marzo, ás 12:00 horas, na aula B do centro e, a materia do encontro, as “Claves para un novo modelo enerxético”.

A sesión levarana Xoán Ramón Doldán García e máis Rosa María Regueiro Ferreira, ambos os dous profesores de Economía Aplicada.

O conxunto do ciclo, desenvolvido a cabalo entre febreiro e marzo, conta con 16 horas lectivas. Máis información no correo electrónico rosamaria.regueiro(arroba)usc.es

 

 

Posted by trevisani in novas, 0 comments
Xa en marcha, a web do Encontro Internacional de Mozos Emprendedores

Xa en marcha, a web do Encontro Internacional de Mozos Emprendedores

Dentro dos actos de celebración dos 50 anos dos estudos de Economía en Galicia, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo organiza os días 22 e 23 de marzo a quinta edición do Encontro Internacional de Xóvenes Emprendedores.

Trátase dunha iniciativa orientada a fomentar o espírito emprendedor entre os universitarios de Galicia e norte de Portugal, na que presentan os seus proxectos empresariais nun contexto de cooperación e competencia transfronteiriza.

O evento está dirixido principalmente a estudantes e graduados das universidades de Galicia e o do norte de Portugal. Concretamente, nesta edición toman parte:

  • Escola Superior de Ciencias Empresariais do Instituto Politécnico de Viana do Castelo
  • Centro Rexional de Braga da Universidade Católica Portuguesa
  • Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela
  • Escola de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC)
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo

A Facultade da Universidade de Vigo xa puso en marcha o seu portal web.

Máis información: Portal web do V Encontro Internacional de Xóvenes Emprendedores 

Documento de presentación do EIXE

Posted by trevisani in novas, 0 comments

Unha xornada en Económicas dará a coñecer datos sobre o estado actual do emprendemento entre os universitarios

No marco da celebración dos 50 anos dos estudos de economía de Galicia, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC organiza este venres 16 en colaboración con GEM Galicia unha xornada na que se analizará o estado actual do emprendemento entre os universitarios españois e, en particular, galegos.

Na sesión abordarase ademais esta temática desde a perspectiva de xénero, dados os resultados do último informe do Global Entrepreneuship Monitor (GEM) realizado por un equipo de investigadores da USC.

A xornada inauguraraa ás 12.00 horas no salón de graos da facultade o secretario xeral de Universidades, José Díez de Castro, acompañado do adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José M. Cotos, e a decana do centro, Emilia Vázquez.

A sesión consiste nunha mesa redonda moderada pola profesora da USC e directora de GEM Galicia, Loreto Fernández, na que participarán especialistas que explicarán a realidade da cuestión no momento actual. Así, Maribel Guerrero dará a coñecer os resultados do Observatorio de Emprendemento Universitario en España CISE-CRUE-RedEmprendia, do que é autora; e a profesora da USC e directora técnica do Informe GEM Galicia, Isabel Neira, fará unha análise da evolución nos últimos anos en Galicia.

O emprendemento universitario desde unha perspectiva de xénero será o tema a tratar na mesma sesión pola técnica de transferencia de coñecemento no Programa Woman Emprende da USC Eva López e a promotora da empresa Situm, Cristina Gamallo.

Tendencia ao emprendemento

Segundo datos do Observatorio de Emprendemento Universitario CRUE-CISE-RedEmprendia no que participou o equipo GEM da USC e que se explicarán este venres en detalle, un terzo dos universitarios españois que cursan últimos cursos manifesta a intención de emprender en poucos anos. Os resultados do Informe GEM-Galicia 2016 corroboran esta tendencia maior a emprender entre a comunidade universitaria fronte á poboación xeral en Galicia (37% fronte a 13% entre 25-44 anos).

O proxecto GEM

O Global Entrepreneuship Monitor (GEM) é un observatorio internacional para analizar e avaliar o impacto da actividade emprendedora no crecemento económico. En España o proxecto lidérao o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE).

Galicia sumouse a esta iniciativa en 2005 cun equipo configurado na actualidade pola USC, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Asociación de Novos Empresarios (FEGAXE), coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia.

Posted by trevisani in novas, 0 comments

Xornada sobre Emprendemento Universitario o 16 de febreiro, da man de GEM Galicia

O venres 16 de febreiro, a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC acolle unha Xornada sobre Emprendemento Universitario

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago programa unha Xornada sobre Emprendemento Universitario, o venres 16 de febreiro.

A cita será no Salón de Graos do centro e está organizada dende o equipo GEM Galicia e a Dirección Xeral de Universidades da Xunta de Galicia.

Programa da xornada sobre emprendemento universitario

12:00 h Inauguración. José Díez de Castro (S.X. Universidades), Emilia Vázquez (decana da Facultade) e José M. Cotos (adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento)

12:15 h Mesa redonda sobre emprendemento universitario

Presenta: Loreto Fernández, Directora de GEM Galicia.

Participantes:

• O emprendemento no sistema universitario español. Resultados do Observatorio de Emprendemento Universitario (CISE-CRUE-RedEmprendia). Maribel Guerrero, directora do estudo.
• O emprendemento universitario en Galicia. Análise da evolución do emprendemento universitario nos últimos anos. Isabel Neira, Directora Técnica do Informe GEM Galicia.
• O emprendemento universitario desde unha perspectiva de xénero. Eva López. Técnica de transferencia de coñecemento no Programa Woman Emprende da USC, e Cristina Gamallo, Promotora da empresa Situm.

14:00 h Remate da xornada

 

Para recibir máis información e inscricións

Convocatoria Xornada Emprendemento Universitario

 

 

 

Posted by trevisani in novas, 0 comments