grupo de premiados e autoridades no Día do Patrón de Económicas de Santiago 2018

Xornada de festa e premios na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC co gallo da festividade de San Vicente Ferrer

Cooperativa Lácteas Unidas (CLUN) recibiu o premio Premio Fulget 2017, que recoñece a empresas galegas

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago celebrou a festividade de San Vicente Ferrer, patrón dos seus estudos, cun evento no que se desvelaron os gañadores de distintos premios académicos, artísticos e honoríficos.

A xornada comezou coas palabras da decana do centro, Emilia Vázquez Rozas, e do vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, e pechouse cun relatorio da profesora María del Carmen Guisán Seijas sobre ‘Retos da economía europea e perspectivas de emprego en Galicia’.

Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) recibiu o premio Premio Fulget 2017, que recoñece a empresas ou colectivos empresariais galegos que destacan polo seu traballo a prol das mellores relacións entre a actividade económica e a súa contorna profesional. Recolleu o premio o director comercial de CLUN, Ramón Mandiá.

No evento entregáronse os premios do certame de pintura CreArte na Universidade 2018. Sara Piñeiro Fernández acadou o 1º premio CreArte na Universidade 2018 coa obra titulada “Holocausto”; e Víctor Rodríguez Espiñeira obtivo un accésit coa obra “Estación”.

Tamén houbo un recoñecemento aos estudantes que fixeron posible a acción “Árbore Solidaria de Nadal”, unha iniciativa da Facultade a favor da asociación Centinelas. A Ana María Robles González, presidenta de Centinelas, se lle fixo entrega do importe recadado.

Asemade, desveláronse os gañadores dos premios académicos extraordinarios de Grao, Master e Doutoramento; o premio á calidade lingüística; e máis o premio Mª Carmen Guisán Seijas á Introdución da Perspectiva de Xénero nos Traballos de Fin de Grao.

  • Premios ACADÉMICOS. Premios extraordinarios:
    • De Grao 2016-2017
      • en Economía: Fernando Riveiro Formoso e Alba Sóñora Noya.
      • en ADE: Adrián Vázquez Parcero e Elena Pablos Buitrón.
  • De Máster 2016-2017:
    • en Desenvolvemento Económico e Innovación: Hugo Campos Romero.
    • en Dirección de Empresas: Gemma Cores Alfonso.
    • en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas: Kathryn Louise Salisbury.
    • en Dirección e Xestión Contable e Financeira: Maite Carballal Claro.

 De Doutoramento 2014-2015:

    • María Alló Pazos: Social norms, economic incentives and environmental policies, dirixida pola profesora María Luz Loureiro García.
    • Jesús Barreal Penas: Wildfires in Galicia: causality, forest policy and risk in forest management, dirixida pola profesora María Luz Loureiro García.
    • Rubén Lado Sestayo: Impacto económico-financiero de la localización en el sector hotelero español, dirixida pola profesora Isabel Neira Gómez e polo profesor Luis Alberto Otero González.

Premios á Calidade Lingüística dos TF, PFC e TFM da USC do curso 2016-2017.

  • Área de CC. Sociais e Xurídicas: Fernando Riveiro Formoso, polo TFG titulado A importancia da intermediación financeira para o crecemento económico. Teoría e evidencia empírica internacional.

 Premio María-Carmen Guisán Seijas á  Introdución da Perspectiva de Xénero nos TFG da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

  • Tania Fernández Navia, polo TFG titulado Factores determinantes del empleo femenino en España: un modelo econométrico regional.

Este curso 2017-18 é senlleiro para a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago pois celébranse os 50 anos da súa posta en marcha, ao igual que para os estudos universitarios de Economía en Galicia, e ao longo do mesmo estanse a celebrar numerosas actividades conmemorativas.

Deixa unha resposta