Presentación da Delegación Galega do Instituto Español de Analistas Financieiros

Os galegos facémonos maiores. Debemos modificar os nosos hábitos de consumo e aforro?

Baixo este epígrafe celébrase a presentación da Delegación Galega do Instituto Español de Analistas Financieiros. Acto no que tamén se debatirá algús aspectos que envolven a lonxevidade en Galicia.

Esta xornada celebrarase no Auditorio de Abanca, na Plaza Cervantes en Santiago o día 8 de febreiro ás 18:30h.

O Instituto Español de Analistas Financieros (IEAF) creou, xunto á Universidade de Santiago de Compostela, a súa delegación en Galicia e, como primeiro acto da súa presentación en sociedade, tratará un dos temas máis trascendentais desta comunidade autónoma: os efectos do envellecemento poboacional, dentro da Xornada Efectos da lonxevidade sobre as conductas de aforro privado e gasto público en Galicia.

Ademais presentarase o Estudo realizado pola Fundación de Estudios Financieros e por Fidelity, Lonxevidade e cambios no aforro e inversión, realizado por Javier Santacruz, quen estará presente para a súa presentación.

 

As prazas son limitadas ata completar aforo, polo que é imprescindible confirmar asistencia no e-mail: secretaria@ieaf.es baixo o asunto Jornada Longevidad Galicia.

No corpo debe indicarse o nome completo, o cargo, a empresa e o número do DNI.

 

O Programa da xornada 

18:30 h. Mesa inaugural 

  • Dª. Emilia Vázquez, Decana da Facultade de Ciencias Económicas da USC e Presidenta da Delegación Galega do IEAF.
  • D. Javier Méndez Llera, Secretario Xeral do IEAF.
  • Dª. Amparo González, Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica dea Xunta de Galicia.


18:45 h. Presentación do estudio do IEAF-FEF e Fidelity “Lonxevidade e cambios no aforro e inversión”

  • Coa presencia de seu autor, D. Javier Santacruz.


19:00 h. Mesa redonda/Debate

• Dª. María Xosé Rodríguez Galdo, Catedrática de Historia Económica da USC e membro do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica. 

• Dª. Carlota Sánchez-Montaña Puga, Coordinadora Adxunta de A Fundación e Coordinadora en IESIDE. 

• D. Jorge Aboal Viñas, Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde (SERGAS). 

• D. Adolfo Campos Carballo, Director da Fundación INADE. 

D. Javier Santacruz, Director do estudo “Lonxevidade e cambios no aforro e inversión”. 

• Modera: Dª. Emilia Vázquez Rozas, Decana da Facultade de CC. Económicas e Empresariais e Presidenta da Xunta Directiva do IEAF Galicia.


20:00 h. Vino español

Deixa unha resposta