Premio Fulget

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago entrega anualmente o Premio Fulget, que recoñece a empresas ou colectivos empresariais galegos que destacan polo seu traballo a favor das mellores relacións entre a actividade económica e a súa contorna profesional.

Calquera membro da comunidade universitaria da Facultade pode propoñer a un candidato, sempre que o seu capital sexa maioritariamente galego.

O Premio Fulget entrégase o 5 de abril, festividade de San Vicente Ferrer, Patrón da Facultade.

Lembramos que l presentación de candidaturas será ata o día 9 de marzo.

VOLUTA, premio Fulget

Gañadores do Premio Fulget

Ano Empresa ou colectivo
2008 Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre
2009 Televés
2010 Blusens
2011 Galchimia
2012 Hostal Reis Católicos
2013 Grupo Puentes
2014 Finsa
2015 Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela
2016 Uro, Vehículos Especiales, S.A. (UROVESA)

Máis información e as bases do premio: AQUÍ