X Olimpiada Española de Economía

X Olimpiada Española de Economía. Fase nacional

logo olimpiada

Conclúe a X Olimpiada Española de Economía celebrada en Compostela coa victoria de alumnos de León, Madrid e Valencia

Un dos grandes eventos dentro do 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia foi a celebración na Facultade da fase final da X Olimpiada Española de Economía.

Foi a primeira ocasión en que este concurso anual dirixido a alumnas e alumnos de segundo de bacharelato de toda España se celebrou en Galicia.

Despois de distintas fases locais Santiago de Compostela acolleu a final os días 25, 26 e 27 de xuño na que competiron os 3 estudantes seleccionados polas distintas universidades. A fase galega desenvolveuse na Facultade de Economía e Turismo de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo, o pasado sábado 7 de abril.

Marcos Martín Mateos, do IES Álvaro de Mendaña de Ponferrada, acadou o primeiro premio, Medalla de Ouro e 1.200 euros mentres que Andrés Collados Sánchez del IES Rafael Frühbeck de Burgos, en Leganés, Madrid, alzouse coa Medalla de Prata e o premio de 1000 e Jorge González Andrés do La Salle de Paterna, en Valencia, quedou en terceiro lugar, obtendo un cheque por valor de 800 euros. Do cuarto ao décimo participante mellor clasificado obtiveron diploma acreditativo e un premio en metálico de 299 euros.

Ademais, a Asociación Española de Economía tamén fixo entrega dun premio por un importe de 1000 euros ao departamento de Economía do Centro do estudante gañador da Olimpiada, neste caso o IES Álvaro de Mendaña así como se fixo entrega do Premio da Asociación Científica de Economía e Dirección de Empresas (ACEDE) á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais que presentou ao grupo de estudantes que obtiveron en media as mellores cualificacións no exame da Olimpíada Nacional, que foi para a Facultade de Ciencias Económicas de León. Ademais dos premios antes sinalados, tamén se entregaron diplomas aos centros de secundaria aos que pertencen os clasificados.

A Universidade de Santiago de Compostela é membro da Asociación Olimpiada Española de Economía, organismo que organiza esta cita.

 

Os fins principais desta Asociación son:

  • a divulgación dos estudos de Economía e Economía da Empresa
  • premiar o esforzo e a excelencia académica dos estudantes de bacharelato
  • establecer e fortalecer vínculos estables entre a ensinanza universitaria e outros niveis educativos

Como medio para alcanzaren estes obxectivos, a Asociación organiza a Olimpiada e coordina as distintas fases locais que se realizan nas distintas universidades públicas de toda España.

Resumen de la Olimpiada de Economía 2018

 

 

Presentación X Olimpiada Española de Economía

 

Máis información

Inscrición

1ª FASE INSCRICIÓN UNIVERSIDADES – Prazo: do 26 de febreiro ao 23 de marzo

Cada universidade debe cubrir os datos necesarios e enviar a súa inscrición, seguindo as instrucións.

A persoa de contacto indicada será o intermediario entre a universidade, os alumnos e profesores e máis a organización da X Olimpiada.

Unha vez rematada a inscrición, cada universidade recibirá unha confirmación no correo indicado.Na segunda fase,a do rexistro dos participantes, deberá introducir o usuario e o contrasinal (correo e contraseña usados na fase de inscrición).

COTA E FORMA DE PAGAMENTO

  • 700,00 € /universidade (IVE incluído)

Inclúe todos os gastos de aloxamento, mantemento e actividades programadas durante os días 25, 26 e 27 de xuño para 5 PAX: 3 alumnos, 1 profesor do centro secundario e 1 profesor da universidade.

  • Transferencia a

BANCO SANTANDER

ANA TREVISANI S.L

ES59 0049 5918 67 2916361802

Debe indicarse no campo concepto o nome completo da universidade que realiza a transferencia.

2ª FASE REXISTRO PARTICIPANTES – Prazo: do 9 de abril ao 25 de maio

Realizarase ingresando a clave de rexistro proporcionada no momento da inscrición da universidade.

Se desexa inscribir máis profesores, terá a oportunidade de facelo durante esta segunda fase de rexistro, cumprimentando os datos do profesor na sección “Outros docente acompañante” e despois de pagar 150,00 € (IVE incluído) que cubrirá o mantemento e maila asistencia ao programa da X Olimpiada durante os 3 días do evento (NON CUBRE O ALOXAMENTO).

Máis información e contacto:

Séverine Mortelier

Secretaría técnica do 50 Aniversario dos estudos de economía en Galicia – X OLIMPIADA ESPAÑOLA DE ECONOMÍA

Teléfono: 662 12 63 05

Correo electrónico: economia50.secretaria(arroba)usc.es

INSCRIBIRSE

logo olimpiada

 

Datos de Facturación:

FACTURA

Total a Pagar     700,00€

IVA Incluido

FORMA DE PAGO: Transferencia BANCO SANTANDER

ES59 0049 5918 67 2916361802

Aloxamientos

Aloxamento de estudantes e profesores de secundaria
Lugar: Residencia Monte da Condesa
Ubicación: Campus Vida, s / n, 15701 Santiago de Compostela
Habitacións dobres para estudantes / Cuartos individuais para profesores de secundaria

Descrición:

Foi inaugurado no curso académico 1989-90. Está situada no Campus Sur e toma este nome do sitio onde se atopa, un lugar de especial relevancia na historia da cidade de Santiago. Está rodeado por zonas verdes e instalacións deportivas e comparte un edificio coa Escola de Óptica. O centro histórico está a 10 minutos de distancia, o mesmo ca estación de tren. É unha residencia moi confortábel para todos os estudantes que escollen calquera Facultade ou Escola Universitaria do Campus Sur, xa que todas elas están ao carón da residencia.

Aloxamento de profesores universitarios
Lugar: Hotel NH Collection
Ubicación: Av. Do Burgo das Nacións, s / n, 15705 Santiago de Compostela

Descrición:

O hotel NH Collection Santiago de Compostela, rodeado dun parque e próximo a un lago tranquilo, é un refuxio moderno e único nun fermoso escenario. Está situado a só cinco minutos do centro histórico de Santiago, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e da súa Catedral.

Presentación e Programa

Presentación:

Presentación X Olimpiada Española de Economía

Programa:

LUNS 25. XUÑO

16.30 h
Entrega de documentación
Pazo de Fonseca

17.30 h
Acto de inauguración
Pazo de Fonseca – Salón Noble

18.45 h
Visita á cidade monumental

21.15 h
Cóctel de benvida
Parador Hostal dos Reis Católicos

23.00 h
Regreso aos hoteis

MARTES 26. XUÑO

09.15 h
Saídas de autobuses desde os hoteis

10.00 h
OLIMPIADA
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

14.00 h
Saída en autobús

14.30 h
Xantar  – romaría tradicional
Monte do Gozo

16.30 h
Percorrido a pé polo último treito do Camiño de Santiago
Monte do Gozo – Praza do Obradoiro (4,5 km.)

17.30 h
Final do Camiño. Foto de grupo
Praza do Obradoiro

19.30 h
Misa do Peregrino. Invocación e botafumeiro
Catedral de Santiago

20.30 h
Retorno en autobús aos hoteis
Praza do Obradoiro

21.30 h
Saída en autobús desde os hoteis

22.00 h
Cea-Baile
Pazo de Adrán

02.00 h
Retorno en autobús aos hoteis

MÉRCORES 27. XUÑO

11.15 h
Saída en autobús desde os hoteis

12.00 h
Entrega de premios
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

14.00 h
Cóctel Fin de Olimpiada

Documentos para descargar

Rexistro Nominal