O IX Coloquio Ibérico Internacional de Cooperativismo e Economía Social reúne en Santiago a expertos lusos e españoles

A cita celébrase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o xoves 5 e o venres 6 de outubro

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolle mañá xoves 5 e o venres día 6 o IX Coloquio Ibérico Internacional de Cooperativismo e Economía Social.

 

Esta cita está organizada por CIRIEC España, Centro internacional de investigación e información sobre la economía pública, social y cooperativa; CIRIEC Portugal; e CECOOP, Centro de estudos cooperativos da Universidade de Santiago; e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

 

O simposio celébrase baixo o lema de “Economía social e globalización: novos desafíos, novas oportunidades” e abordará a relación da economía social e máis o cooperativismo con campos como a cooperación ao desenvolvemento, o emprego, a igualdade de xénero, a xestión de servizos públicos, a economía dixital, o medio ambiente e a calidade de vida ou a gobernanza.

 

O seu programa iniciarase ás 11:30 horas coa inauguración e presentación a cargo de Emilia Vázquez Rozas, decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; Adoración Mozas, presidenta de CIRIEC España; Jorge de Sá, presidente de CIRIEC Portugal; Eduardo Graça, presidente de CASES Portugal; e Manuel Botana, presidente de CECOOP.

 

Ademais, realizaranse 3 sesións e 2 mesas redondas e presentaranse 62 comunicacións. O evento espertou un notable interese e trae a Compostela a profesores de distintas universidades lusas e españolas.

 

A celebración do coloquio na Facultade forma parte do programa que conmemora os 50 anos dende a inauguración do centro e o comezo dos estudos en economía e empresa en Galicia.

Programa do IX Coloquio

 

Deixa unha resposta