O Foro Compostalent celébrase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Chega Compostalent: charlas, obradoiros e mesas de debate que xuntan a mozos e empresas

 A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago continúa co seu programa de actividades co gallo dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia.

As actividades que se están a celebrar hoxe na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais son un encontro entre mozos galegos, entidades públicas e as empresas privadas máis prometedoras do panorama español. Este foro de empleo comezou ás dez de mañá e rematará ás seis da tarde.

Ao longo do día celebraranse obradoiros, charlas e mesas de debate onde se tocarán os temas máis relevantes da actualidade no referente ao desenvolvemento do talento xuvenil.

Os candidatos poderán acercarse ao mundo laboral, compartir inquedanzas cos profesionais de diferentes sectores e valorar as diferentes oportunidades que lles ofrece no mercado laboral.

A Feira de Emprego contará coa presenza de numerosas empresas e institucións, entre as que destacan Garrigues, ABANCA, Finsa, Prosegur, Cruz Roja, Fundación Ronsel e MGS Seguros, e constitúe unha grande ocasión para coñecer as tendencias do mercado laboral e a formación e actitudes que se requiren por parte do sector empresarial.

A xornada inaugurouse ás 10.00 horas cunha mesa redonda no Salón de Graos da Facultade, na que participaron Emilia Vázquez, decana do centro; Roberto Pereira, presidente do Club Financeiro; Javier Dorado, director de INJUVE; e Santiago Calvo, tesoureiro e director do Observatorio do Instituto para o desenvolvemento do talento novo galego.

Ao longo da xornada, ademais de poder visitar os postos cos que contarán as empresas, desenvolveranse obradoiros, dinámicas e conferencias levadas a cabo polas propias empresas. Estas consistirán en entrevistas e dinámicas por parte de ABANCA e Prosegur ou o asesoramento para mellorar as posibilidades de atopares emprego, por parte de Cruz Vermella.

Pola tarde, ás 15.30 horas e no Salón de Graos, tivo lugar un debate sobre “Banca, dereito e talento”, na que participaron ABANCA e Garrigues, e que foi moderada polo director da edición dixital de El Correo Gallego.

Este encontro estivo organizado dende o Instituto para o Desarrollo del Talento Gallego e nel colaboran a Facultade de CC. Económicas e Empresariales da USC, IESIDE e o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a través do Instituto de la Juventud (INJUVE).

Deixa unha resposta