Novas

  • Hoxe celébrase a Xornada de Competencias Profesionais na USC

    O obxectivo desta xornada é dar a coñecer aos estudantes dos últimos anos de ADE e Economía, os diferentes campos do exercicio da profesión a través da experiencia de profesionais especializados en cada uno de eles. Por outro lado, explicarase cal é o papel do Colexio de Economistas, qué función xoga no desenvolvemento profesional e cómo pode axudar aos estudantes de cara ao mercado laboral.

     

    Programa

    12.00 horas – Presentación

    Miguel A. Vázquez Taín. Economista. Decano Presidente do Colexio de Economistas da Coruña

    12.05 horas – El Economista Ejerciente. Visión das diferentes áreas do exercicio libre da profesión

    • Asesoramiento fiscal
    • Contabilidade e auditoría de contas
    • O economista ... Ler Máis
    • A Fundación Inade únese ás celebracións do 50 Aniversario

      Durante o transcurso da reunión do Círculo de Confianza desta institución e, con motivo do 50 aniversario dos Estudos de Economía en Galicia, estivo invitada ao acto a Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, María Emilia Vázquez Rozas.

      O Presidente do Patronato da Fundación Inade, Antón Cobián, entregoulle un obsequio a modo de felicitación polo 50 aniversario.

      Podes consultar a información completa na web de Inade.

      Ler Máis
    • O xoves 1 de marzo, “Claves para un novo modelo enerxético”

      coloquio con Xoán Ramón Doldán e Rosa María Regueiro

      Cos profesores Xoán Ramón Doldán García e Rosa María Regueiro Ferreira, ás 12:00 horas, na aula B da Facultade compostelá

      A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago prosegue cos coloquios de Economía Aplicada. Análise en clave galega.

      A seguinte cita é o xoves 1 de marzo, ás 12:00 horas, na aula B do centro e, a materia do encontro, as “Claves para un novo modelo enerxético”.

      A sesión levarana Xoán Ramón Doldán García e máis Rosa María Regueiro Ferreira, ambos os dous profesores de Economía Aplicada.

      O conxunto do ciclo, desenvolvido a cabalo entre febreiro e marzo, conta con 16 ... Ler Máis

    • Xa en marcha, a web do Encontro Internacional de Mozos Emprendedores

      Encontro Internacional de Xóvenes Emprendedores.

      Dentro dos actos de celebración dos 50 anos dos estudos de Economía en Galicia, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo organiza os días 22 e 23 de marzo a quinta edición do Encontro Internacional de Xóvenes Emprendedores.

      Trátase dunha iniciativa orientada a fomentar o espírito emprendedor entre os universitarios de Galicia e norte de Portugal, na que presentan os seus proxectos empresariais nun contexto de cooperación e competencia transfronteiriza.

      O evento está dirixido principalmente a estudantes e graduados das universidades de Galicia e o do norte de Portugal. Concretamente, nesta edición toman parte: