Novas

  • Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra este xoves o seu patrón

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra este xoves 5 de abril o seu patrón, San Vicente Ferrer, nun completo acto que terá lugar a partir das 12.00 horas no salón de graos do centro

    Presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, o acto comezará cunhas palabras de benvida da decana, Emilia Vázquez Rozas, para proceder á entrega dos premios de pintura CreArte na Universidade 2018 e Fulget 2017, ademais dos extraordinarios de Grao e Máster, á Calidade Lingüística do Servizo Normalización Lingüística e o ‘María Carmen Guisán Seijas’ á Introdución da Perspectiva de ... Ler Máis

  • O cupón da ONCE deste xoves dedícase ao 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia

    decana de Económicas da USC, Emilia Vázquez, e o director da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro Canosa

    A ONCE súmase á conmemoración do 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia coa emisión dun cupón dedicado a esta celebración. O boleto corresponde ao da xornada deste xoves 5 de abril, festividade de San Vicente Ferrer, patrón desa rama de estudos.

    O cupón presentouse publicamente este martes na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago nun acto no que participaron a decana do centro, Emilia Vázquez, e o director da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro Canosa.

     

    Ler Máis
  • O concurso de pintura CreArte, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, xa ten premiados

    Premio CreArte Gañador 2018

    Sara Piñeiro é a gañadora da sétima edición con Holocausto; e o accésit recibirao Víctor Rodríguez Espiñeira, por Estación

     

    O certame de pintura CreArte, impulsado dende a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, xa ten premiados para a súa VII edición.

    Sara Piñeiro é a gañadora con Holocausto; mentres Víctor Rodríguez Espiñeira recibirá un accésit por Estación. Acadan, respectivamente, 700 e 400 euros.

    Presentáronse un total de 18 obras. Piñeiro é estudante de Belas Artes en Pontevedra.

    O acto de entrega de premios será o próximo 5 de abril ás 12 horas, no acto de conmemoración de ... Ler Máis

  • Presentación no centro do número 153 da revista Papeles de Economía

    Na mesa do evento estarán a decana, María Emilia Vázquez Rozas; o conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde López; o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña Pérez de Tudela; o director da revista Papeles de Economía, Eduardo Bandrés Moliné; e máis o coordinador do número 153, o catedrático Luis Caramés.

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolleu a presentación do número 153 da revista Papeles de Economía, adicado á “Economía de las Ciudades”

    No acto estiveron presentes a decana do centro, María Emilia Vázquez Rozas; o conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde López; o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña Pérez de Tudela; o director da revista Papeles de Economía, Eduardo Bandrés Moliné; e máis o coordinador do número 153, o catedrático Luis Caramés.

    Máis información sobre o número 153 de Papeles de Economía

    Ler Máis
  • O número 153 de Papeles de Economía presentarase na Facultade de CC. Económicas e Empresariais de Santiago

    Facultade de Económicas Santiago Papeles de Economía Española, número 153

    O número temático sobre “Economía de las Ciudades” de Papeles de Economía amosarase o xoves 15 de marzo, ás 13:00 horas

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago continúa a programar actividades, no marco do 50 aniversario dos seus estudos en Galicia.

    O xoves 15 de marzo, ás 13:00 horas, o Salón de Grados do centro acollerá a presentación do número 153 da revista Papeles de Economía: “Economía de las Ciudades”.

    Na mesa do evento estarán a decana, María Emilia Vázquez Rozas; o conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde López; o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña Pérez de ... Ler Máis