Novas

  • Xa en marcha, a web do Encontro Internacional de Mozos Emprendedores

    Encontro Internacional de Xóvenes Emprendedores.

    Dentro dos actos de celebración dos 50 anos dos estudos de Economía en Galicia, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo organiza os días 22 e 23 de marzo a quinta edición do Encontro Internacional de Xóvenes Emprendedores.

    Trátase dunha iniciativa orientada a fomentar o espírito emprendedor entre os universitarios de Galicia e norte de Portugal, na que presentan os seus proxectos empresariais nun contexto de cooperación e competencia transfronteiriza.

    O evento está dirixido principalmente a estudantes e graduados das universidades de Galicia e o do norte de Portugal. Concretamente, nesta edición toman parte:

    • Escola Superior de Ciencias Empresariais do ... Ler Máis
    • Unha xornada en Económicas dará a coñecer datos sobre o estado actual do emprendemento entre os universitarios

      No marco da celebración dos 50 anos dos estudos de economía de Galicia, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC organiza este venres 16 en colaboración con GEM Galicia unha xornada na que se analizará o estado actual do emprendemento entre os universitarios españois e, en particular, galegos.

      Na sesión abordarase ademais esta temática desde a perspectiva de xénero, dados os resultados do último informe do Global Entrepreneuship Monitor (GEM) realizado por un equipo de investigadores da USC.

      A xornada inauguraraa ás 12.00 horas no salón de graos da facultade o secretario xeral de Universidades, José Díez de ... Ler Máis

    • Xosé Manuel Beiras e Xaime Barreiro inauguran este xoves os Coloquios de Economía Aplicada na USC

      Xosé Manuel Beiras Torrado e Manuel Jaime Barreiro Gil inaugurarán este xoves 15 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais os Coloquios de Economía Aplicada: análise en clave galega, que se van celebrar periodicamente ata o mes de maio.

      A sesión, a desenvolver ás 12.00 horas na aula B do centro, leva por título ‘Economía política versus Economics: o Estado e a economía’.

      Os profesores Beiras e Barreiro contan cunha dilatada experiencia profesional no eido académico, o primeiro no campo da Estrutura Económica e o segundo no de Historia Económica, formando parte do Departamento ... Ler Máis

    • Aforro, previsión familiar a longo prazo e equilibrio entre ingresos e gastos, claves para o futuro dos galegos

      A Delegación galega do Instituto Español de Analistas Financieros (IEAF) presentou o estudo Lonxevidade e cambios no aforro e na inversión

      A Delegación galega do IEAF presentou o xoves 8 de febreiro o estudo Lonxevidade e cambios no aforro e na inversión, seguido dun debate, no Centro ABANCA Obra Social en Santiago de Compostela.

      A lonxevidade é consecuencia dos cambios acaecidos nas sociedades modernas, sen embargo, este envellecemento da poboación mundial está impoñendo profundas transformacións na economía global.

      España, onde a poboación por encima dos 65 anos é moi abundante, non é axena a esta tendencia. Así se recolle no estudo da Fundación de Estudos ... Ler Máis

    • Xornada sobre Emprendemento Universitario

      O vindeiro 16 de febreiro ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC terá lugar unha xornada sobre Emprendemento Universitario

      A Inauguración ás 12.00 horas, será da man de José Díez de Castro, S.X. Universidades; Emilia Vázquez, Decana da Facultade; e José M. Cotos, Adxunto ao Reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento.

      Ás 12:15 h terá lugar a mesa redonda Emprendemento Universitario, presentada por Loreto Fernández, Directora de GEM Galicia.

      Participan:

      • O Emprendemento no Sistema Universitario Español. Resultados do Observatorio de Emprendemento Universitario (CISE-CRUE-RedEmprendia). Maribel Guerrero, Directora ... Ler Máis