Novas

  • Máis de 300 persoas daranse cita en Santiago durante a celebración da X Olimpiada Española de Economía

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acollerá durante tres días, entre o 25 e o 27 de xuño, este concurso no que participarán 135 alumnos de 2º de Bacharelato de toda España

    Máis dun cento de alumnos de segundo de bacharelato de toda España participarán a vindeira semana na X Olimpiada Española de Economía terá lugar os días 25, 26 e 27 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, na que será unha das grandes citas do programa conmemorativo do 50ª aniversario dos estudos de economía en Galicia que as ... Ler Máis

  • “As novas finanzas no mundo dixital”, curso de verán na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC aberto a todos os interesados

    50 ANIVERSARIO ESTUDOS ECONÓMICAS

    Desenvolverase os días 4 e 5 de xullo e o prazo de matrícula finaliza o 23 de xuño

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, xunto á delegación en Galicia do Instituto Español de Analistas  Financeiros (IEAF), Fundación Abanca, e o Grupo de Investigación  VALFINAP do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC, organiza o curso de verán “As novas finanzas no mundo dixital”.

    Está dirixido a profesionais, estudantes universitarios de calquera titulación e público en xeral ata un máximo de 80 participantes. O seu prazo de matrícula remata o 23 de xuño.

    A profesora Loreto Fernández é ... Ler Máis

  • Finn E. Kydland, Premio Nobel de Economía 2004, o venres 8 de xuño en Santiago

    Finn E. Kydland en santiago de compostela, na facultade de económicas. anuncio.

    O relatorio “Economic policy and the growth of incomes of nations” desenvolverase no Pazo de Fonseca

    Programa ConCiencia da USC , xunto coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o Consorcio de Santiago de Compostela, e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Economía, Industria e Competitividade traen a Galicia a Finn E. Kydland, Premio Nobel de Economía 2004.

    Kydland impartirá a conferencia “Economic policy and the growth of incomes of nations”, Política económica e o crecemento dos ingresos das nacións.

    O evento desenvolverase o venres 8 de xuño, ás 12:00 horas, no Salón Nobre do Pazo de ... Ler Máis

  • Internacionalización, acreditacións ou a conexión cos estudantes de bacharelato, na segunda xornada da Conferencia Española de Decanas y Decanos de Economía y Empresa (CONFEDE)

    faciñtad-economicas usc confede reunión

    Ana María López García, presidenta de CONFEDE, destacou o ambiente de traballo

    A Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía pechou a súa reunión en Santiago de Compostela, á que acudiron 80 representantes de centros de toda España.

    Ana María López García, presidenta de  CONFEDE e decana da Facultade de Ciencias Económicas y Empresariales da Universidad Autónoma de Madrid, salientou entre as temáticas tratadas a importancia dunha internacionalización “que xa está aquí” e amosou a súa satisfacción polo traballo e o ambiente no evento.

    “Estamos moi contentos tanto pola afluencia como polo desenvolvemento. As reunións que organizamos en  CONFEDE conseguen sempre unha ... Ler Máis

  • A Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE) reúnese en Santiago

    pazo de fonseca usc reunión decanos economía confede
    O evento, no que participan 80 decanos e vicedecanos, enmárcase no 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia

    O Salón Nobre do Pazo de Fonseca en Santiago acolleu o acto de inauguración da reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE).

    Estiveron presentes Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Juan Viaño, reitor da Universidade de Santiago; Jorge Sáinz González, Secretario General de Universidades del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte; Ana María López, presidenta de CONFEDE; e Emilia Vázquez, decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

    As sesións de ... Ler Máis