Novas

  • A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle esta semana o curso “As novas finanzas no mundo dixital”

    Os retos dos profesionais financeiros trala dixitalización global trataranse nesta cita

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, xunto á delegación en Galicia do Instituto Español de Analistas  Financeiros (IEAF), Fundación Abanca, e o Grupo de Investigación  VALFINAP do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC, organiza o curso de verán “As novas finanzas no mundo dixital”.

    A cita é no Salón de Grados do centro o mércores 4 e o xoves 5 de xullo.

    O curso pretende dar a coñecer e afondar nos retos aos que se está enfrontando o mundo financeiro trala dixitalización ... Ler Máis

  • Alumnos de León, Madrid e Valencia acadan os primeiros premios da X Olimpiada Española de Economía que hoxe conclúe en Compostela

    Tamén obtiveron premio o centro do gañador, o IES Álvaro de Mendaña de Ponferrada e a facultade de económicas que presentou aos estudantes que acadaron mellor media na proba que este ano foi para a de León

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolleu esta mañá a entrega dos premios aos gañadores da X Olimpiada Española de Economía. Un total de dez alumnos pertencentes a Madrid, Castela León, Valencia, Aragón, A Rioxa, Cataluña ou Valencia foron finalmente os que acadaron as mellores puntuacións nas probas celebradas onte neste mesmo centro de entre os 132 ... Ler Máis

  • Compostela acolle a X Olimpiada Española de Economía coa participación de 135 alumnos de bacharelato de toda España

    A organización sorprendeu aos participantes, alumnos e profesores que suman algo máis de 300 persoas, cun flashmob na Praza da Quintana

     

    O Salón Nobre de Fonseca acolleu a apertura oficial da X Olimpiada Española de Economía, que o martes celebra o seu día forte, coa disputa do concurso entre os 135 alumnos e alumnas de Bacharelato de toda España na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. A celebración da Olimpiada é unha das grandes citas do programa conmemorativo do 50ª aniversario dos estudos de economía en Galicia que celebran as Facultades de Económicas e Empresariais galegas e a primeira ... Ler Máis

  • “25 anos formando talento”, MasComex celebrou un cuarto de século de existencia cunha xornada de reencontro e formación

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolleu a celebración dunha xornada impulsada polo Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (MASCOMEX). Baixo o título “MasComex: 25 anos formando talento”, os responsables do Máster organizaron un reencontro con alumnos e profesores que serviu tamén para falar da realidade e perspectivas actuais do comercio exterior e que se celebra coincidindo tamén coa celebración do 50ª aniversario dos Estudos de Economía en Galicia.
    O encontro serviu, ademais, para facer entrega dos diplomas aos alumnos que se gradúan este ano así como para entregar un recoñecemento aos antigos profesores, ... Ler Máis

  • Conferencia da profesora Ana María López sobre os factores de crecemento económico rexional e perspectivas de evolución

    Baixo o título “Factores determinantes do crecemento económico rexional e perspectivas de evolución”, a profesora titular do Dep. de Economía Aplicada da Fac. de CC. Económicas e Empresariais na Universidade Autónoma de Madrid e membro do Instituto Universitario de Predición Económica Lawrence R. Klein, Ana María López, impartirá unha conferencia o vindeiro luns, 25 de xuño no salón de Graos da Facultade de Económicas e Empresariais da USC. López é presidenta da Conferencia de Decanos e Decanas das Facultades de Economía de España.

    Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC
    Luns 25 de xuño de 2018, ... Ler Máis