Novas

  • A USC acolle a XII Conferencia de Políticas de Innovación Rexional

    Nova cita enmarcada no 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acubillará este xoves 26 e o venres a XII Conferencia de Políticas de Innovación Rexional que organiza o grupo da USC ICEDE- Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento, especializado en economía e políticas estratéxicas de innovación, sistemas rexionais, desigualdades territoriais, crise económica e globalización.

    Este encontro internacional, cuxo comité organizador preside o profesor da USC Manuel González López, contará coa participación de destacados especialistas que reflexionarán sobre a innovación en países menos desenvolvidos e relacionada coa sustentabilidade, as universidades, os sectores primarios e ... Ler Máis

  • Sobre Empréga-T

    Por Carlos García Campos, estudante

    Este círculo formativo de competencias trasversais é unha excelente iniciativa por parte do decanato da Facultade de Ciencias económicas e Empresariais e da Facultade de Administración e Dirección de Empresas

    É unha oportunidade para prepararse para os requerimentos do mundo laboral,  de explotar o potencial de cada un e de descubrir temas tan interesantes como o emprendemento.

    Ensínanse e cultívanse áreas importantes para os alumnos, áreas que non se ensinan nas clases. É unha forma diferente de enriquecer ós alumnos tanto no plano académico como persoal.

     

    Máis información sobre Empréga-T

    Ler Máis
  • O IX Coloquio Ibérico Internacional de Cooperativismo e Economía Social reúne en Santiago a expertos lusos e españoles

    A cita celébrase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o xoves 5 e o venres 6 de outubro

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolle mañá xoves 5 e o venres día 6 o IX Coloquio Ibérico Internacional de Cooperativismo e Economía Social.

     

    Esta cita está organizada por CIRIEC España, Centro internacional de investigación e información sobre la economía pública, social y cooperativa; CIRIEC Portugal; e CECOOP, Centro de estudos cooperativos da Universidade de Santiago; e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

     

    O simposio celébrase baixo o lema de “Economía social e globalización: novos desafíos, novas ... Ler Máis

  • Galicia celebra este curso o 50 aniversario dos estudos de economía na súa universidade

    acto inaugural economicas 50 aniversario

    O Salón Nobre do Pazo de Fonseca acolleu o acto inaugural da celebración dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia; impulsada pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago

    O curso 1967-68, hai medio século, foi o da apertura do centro compostelán, fito que serve como punto de partida destes estudos no país.

     

    O evento contou coa presenza do reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño Rey; o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García; os ex presidentes da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño; e a decana da Facultade de Ciencias Económicas e ... Ler Máis

  • A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra o 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia cun programa cheo de actividades

    Presentación dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia Facultade de Económicas USC

    O seu acto inaugural celebrarase este martes e contará coa presenza do reitor Juan Viaño; o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez; e os ex presidentes da Xunta de Galicia Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño

    O ano académico 2017-18 que vén de comezar marca a celebración dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia e da apertura da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago no curso 1967-68.

     

    A inauguración oficial do aniversario terá lugar este martes 3 nun acto solemne a celebrar no Salón Nobre do Pazo de Fonseca ás 12:00 horas. Nel intervirán o reitor da USC, Juan ... Ler Máis