Novas

  • O IX Coloquio Ibérico Internacional de Cooperativismo e Economía Social reúne en Santiago a expertos lusos e españoles

    A cita celébrase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o xoves 5 e o venres 6 de outubro

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolle mañá xoves 5 e o venres día 6 o IX Coloquio Ibérico Internacional de Cooperativismo e Economía Social.

     

    Esta cita está organizada por CIRIEC España, Centro internacional de investigación e información sobre la economía pública, social y cooperativa; CIRIEC Portugal; e CECOOP, Centro de estudos cooperativos da Universidade de Santiago; e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

     

    O simposio celébrase baixo o lema de “Economía social e globalización: novos desafíos, novas ... Ler Máis

  • Galicia celebra este curso o 50 aniversario dos estudos de economía na súa universidade

    acto inaugural economicas 50 aniversario

    O Salón Nobre do Pazo de Fonseca acolleu o acto inaugural da celebración dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia; impulsada pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago

    O curso 1967-68, hai medio século, foi o da apertura do centro compostelán, fito que serve como punto de partida destes estudos no país.

     

    O evento contou coa presenza do reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño Rey; o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García; os ex presidentes da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño; e a decana da Facultade de Ciencias Económicas e ... Ler Máis

  • A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra o 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia cun programa cheo de actividades

    Presentación dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia Facultade de Económicas USC

    O seu acto inaugural celebrarase este martes e contará coa presenza do reitor Juan Viaño; o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez; e os ex presidentes da Xunta de Galicia Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño

    O ano académico 2017-18 que vén de comezar marca a celebración dos 50 anos dos estudos de economía en Galicia e da apertura da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago no curso 1967-68.

     

    A inauguración oficial do aniversario terá lugar este martes 3 nun acto solemne a celebrar no Salón Nobre do Pazo de Fonseca ás 12:00 horas. Nel intervirán o reitor da USC, Juan ... Ler Máis

  • O Pazo de Fonseca acollerá o primeiro acto do 50 aniversario dos Estudos de Economía en Galicia

    Jose Carlos de Miguel
    A inauguración desta conmemoración celebrarase o martes 3 de outubro e contará con alumnos da primeira promoción e autoridades.

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago celebra este curso 2017-18 os 50 anos dos estudos de economía en Galicia.

    Con tal motivo preparouse un calendario de actividades que, nos próximos meses, servirán para conmemorar este aniversario e para pór en valor a traxectoria e o presente deste centro.

    O martes 3 de outubro chegará a inauguración deste programa de actos. Terá lugar no Salón Nobre do Pazo de ... Ler Máis