Novas

  • Oitenta decanos de Facultades de Economía e Empresa reuniranse en Santiago os días 31 de maio e 1 de xuño

    alumnos da Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago
    A fase final da Olimpíada Española de Economía xuntará aos mellores estudantes de secundaria

    A Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE) celebrará unha reunión en Santiago o xoves 31 de maio e máis o venres 1 de xuño.

    Un total de 80 decanos e vicedecanos de Facultades de Economía e Empresa congregaranse no Salón de Graos do centro para procurar acordos, transmitir información de interese e artellar a opinión do colectivo.

    A escolla da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC para esta cita trátase dunha manifestación de agarimo co gallo do 50 aniversario dos estudos de ... Ler Máis

  • “As novas finanzas no mundo dixital”, curso de verán na Facultade de Económicas da USC

    Os días 4 e 5 de xullo desenvolverase o curso “As novas finanzas no mundo dixital”

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, xunto á delegación en Galicia do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF), a Fundación Abanca, e máis o Grupo de Investigación VALFINAP do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC organizan o Curso de Verán “As novas finanzas no mundo dixital”.

    Está dirixido a estudantes universitarios de calquera titulación, docentes, profesionais da industria financeira e público en xeral, ata un máximo de 80 participantes.

    Toda a información ... Ler Máis

  • A economía do país, analizada dende todos os ángulos no Congreso“50 Anos de Economía en Galicia”

    Congreso 50 anos de economía en Galicia Xosé Luis Quiñoá López, Edelmiro López Iglesias e María Loureiro García

    A clausura contará coa presenza do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García; a vicerreitora Maria Dolores Álvarez Pérez; e o vicedecano Fidel Martínez Roget

    O Congreso “50 anos de Economía en Galicia” vive hoxe a súa última xornada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

    O seu acto de clausura desenvolverase ás 18.00 horas, coa presenza do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García; a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Maria Dolores Álvarez Pérez; e o vicedecano de Asuntos Económicos, Fidel Martínez Roget .

    O evento está a contar cunha grande afluencia de público e os ... Ler Máis

  • O Congreso “50 Anos de Economía en Galicia” amosa o momento, a traxectoria e os distintos eidos da súa disciplina

    Rector da Universidade de Santiago, Juan Viaño Rey; Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; e decana da Facultade de Económicas, Emilia Vázquez Rozas

    Trece sesións e 44 relatores acoden ata mañá á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no marco do 50 aniversario destes estudos

    O Congreso “50 anos de Economía en Galicia” celébrase, hoxe e mañá, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

    A súa inauguración contou coas palabras do reitor, Juan Viaño Rey; o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; e máis da decana do centro, Emilia Vázquez Rozas.

    Trátase dunha das grandes citas dentro do calendario de actividades conmemorativo dos 50 anos da posta en marcha dos estudos de Economía ... Ler Máis

  • O Congreso “50 Anos de Economía en Galicia” abordará esta semana a disciplina dende múltiples perspectivas

    Un total de 44 relatores tomarán parte de 13 sesións que se desenvolverán o xoves 12 e o venres 13, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolle o xoves 12 e o venres 13 de abril o Congreso “50 Anos de Economía en Galicia”.

    Trátase dunha das grandes citas dentro do calendario de actividades conmemorativo dos 50 anos da súa posta en marcha e contará cun total de 13 sesións nas que tomarán parte 44 relatores entre os que se atopan empresarios, economistas, xestores públicos e académicos.

    A ... Ler Máis