Máis de 100 profesores de Economía e Empresa no Encontro de profesorado

Faltan só dous días para que se celebre o Encontro entre profesores de Economía y Administración de Empresas de ensino medio e superior.

Máis dun cento de docentes chegados das catro provincias galegas compartirán coñecementos e experiencias para a mellora e desenvolvemento dos estudos de Economía e Empresa en Galicia, este venres 26 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, dentro das actividades do 50 aniversario.

A xornada comezará ás 9,30 horas, coa participación do Reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño e da Decana da Facultade, María Emilia Vázquez, entre outros.

Esta cita abordará distintos campos da economía como: os cambios da lexislación educativa e da economía dixital, distintas experiencias didácticas, ou a importancia das competencias transversais.

Ademais durante este encontro asinarase o acordo da X Olimpiada Española de Economía. Polo que lograr a máxima difusión desta Olimpíada nos centros de ensinanza secundaria será outro dos eixos fundamentais, xa que a vindeira edición da fase estatal celebrarase en xuño de 2018 na universidade compostelá.

Por isto, 14 docentes de fóra de Galicia, pertencentes á Xunta Directiva da Asociación Olimpiada Española de Economía, estarán presentes na sinatura.

Deixa unha resposta