Foro de Emprego Compostalent – AIESEC

Foro de Emprego Compostalent - AIESEC

Compostalent é un evento para o encontro de mozos galegos, entidades públicas e as empresas privadas máis prometedoras do panorama español.

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago acollerá unha nova cita deste foro de emprego o luns 20 de novembro, de 10 a 18 horas.

Haberá talleres, charlas e mesas de debate onde se tocarán os temas máis relevantes da actualidade no referente ao desenvolvemento do talento xuvenil.

Os candidatos poderán acercarse ao mundo laboral, compartir inquedanzas cos profesionais de diferentes sectores e valorar as diferentes oportunidades que lles ofrece no mercado laboral.

As empresas teñen en Compostalent a oportunidade de coñecer de cerca as inquedanzas dos xoves, os perfís profesionais que hai en Galicia e compartir cos candidatos as oportunidades que ofrecen para desenvolver unha exitosa carreira profesional.

Este encontro está organizado dende a AIESEC (Association Internationale des Ètudiants en Sciences Èconomiques et Commerciales).

 

Máis información

Máis información:

http://compostalent.com/