Finn E. Kydland en santiago de compostela, na facultade de económicas. anuncio.

Finn E. Kydland, Premio Nobel de Economía 2004, o venres 8 de xuño en Santiago

O relatorio “Economic policy and the growth of incomes of nations” desenvolverase no Pazo de Fonseca

Programa ConCiencia da USC , xunto coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o Consorcio de Santiago de Compostela, e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Economía, Industria e Competitividade traen a Galicia a Finn E. Kydland, Premio Nobel de Economía 2004.

Kydland impartirá a conferencia “Economic policy and the growth of incomes of nations”, Política económica e o crecemento dos ingresos das nacións.

O evento desenvolverase o venres 8 de xuño, ás 12:00 horas, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca (Rúa do Franco) e contará con entrada libre ata completar aforamento e tradución simultánea.

Finn E. Kydland en Santiago

 

Deixa unha resposta