Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior

Encontro co profesorado de economía e empresa

Máis dun cento de docentes de Economía e Xestión de Empresas dos distintos niveis educativos reuníronse co obxecto de mellorar a formación do profesorado, a calidade da docencia e o fomento dos seus estudos en Galicia

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolleu o 26 de xaneiro o “Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior”, cita enmarcada no programa de actividades que conmemora o 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia.

Tomaron parte da inauguración o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño; o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro; a decana do centro santiagués, María Emilia Vázquez; Mari Luz Marco, presidenta da Asociación Olimpiada Española de Economía; e o coordinador programa A Ponte da USC, Luís Hervella Torrón.

No seu discurso o reitor tivo palabras de compromiso co profesorado que acudíu ao encontro. “O contexto no que desenvolvemos a nosa misión formadora ten mudado substancialmente non só na educación superior senón tamén no ensino medio, este último sometido a moitos máis cambios normativos e lexislativos dos razoablemente aconsellables”, dixo, e rematou cunha reflexión: “Quizais sería bo que nos  pararamos a pensar en que supoñen estes cambios para os nenos e nenas que estamos educando e formando”.

María Emilia Vázquez apuntou a súa arela de que este evento fose “un espazo de encontro, unha xornada conxunta entre o profesorado de Economía e Xestión de Empresas dos distintos niveis educativos, na que tratar aspectos de interese para ámbolos dous colectivos e na que poidamos compartir coñecementos e experiencias; co obxecto de mellorar a formación do profesorado, a calidade da docencia e o fomento dos estudos de Economía e Empresa en Galicia”.

E, entre as materias que se trataron, Vázquez destacou “os cambios derivados da LOMCE e os procesos de avaliación nas probas de acceso á Universidade; as novas formas de organización empresarial e as profesións dentro da economía dixital”.

A continuación, as autoridades da USC e máis a Xunta Directiva da Asociación Olimpíada Española de Economía asinaron o acordo para a realización da fase estatal deste evento no centro compostelán, os días 25, 26 e 27 de xuño.

A Olimpíada Española de Economía, que cumpre este ano o seu décimo aniversario, é unha proba que conta co recoñecemento oficial por parte do Ministerio de Educación Cultura e Deportes. Nela participan estudantes de bacharelato de toda España, que se seleccionan nas fases que a nivel local se realizan en máis de 40 Facultades.  A galega será en abril, na Facultade de CC. Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo en Ourense.

Decurso do Encontro de profesorado

Un cento de docentes tomaron parte no Encontro de profesorado. O primeiro relatorio “O reto da ensinanza da Economía coa LOMCE” estivo a cargo de José Sande, profesor de Economía no IES Gil e Carrasco de Ponferrada, e profesor de Economía da Empresa na Universidade Oberta de Cataluña.

A primeira mesa de traballo abordou As competencias dos futuros profesionais da Economía, moderada pola profesora na USC e vicedecana Loreto Fernandez. A segunda mesa de traballo encarou A aprendizaxe en Economía máis alá das aulas.

As actividades retomáronse xa pola tarde coa mesa sobre O modelo de ensinanza de Economía e a súa utilidade para o futuro dos mozos, levada por Luis Hervella.

A xornada finalizou coa presentación aos profesores presentes da Olimpíada de Economía. Participaron Emilia Vázquez, decana do centro santiagués; Elena Rivo, decana da Facultade de CC. Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo en Ourense; e Mari Luz Marco, presidenta da Asociación Olimpíada Española de Economía.

PROGRAMA Encontro Profesores ECOADE (word)

PROGRAMA Encuentro ProfesoresECOADE (gal)

Programa

Encontro co profesorado de economía e empresa de ensino medio e superior

9:00 h Acollida dos participantes e entrega de acreditacións

9:30 h Inauguración. Rector da USC, Decana da Fac. de CC. Económicas e Empresariais, Coordinador programa A Ponte da USC, D.X. Ensino Medio, S.X. Universidades da Xunta de Galicia.

10:00 h Relatorio convidado: El reto de la enseñanza de la Economía con la LOMCE“. Relator: José Sande. Profesor de Economía no IES Gil y Carrasco de Ponferrada, e profesor de Economía de la Empresa na Universidad Oberta de Cataluña.

 

11:00 h Pausa café

 

11:30 h Sesión de traballo MESA 1. As competencias dos futuros profesionais da Economía. Modera: Loreto Fernandez.

  • “As novas formas de organización das empresas e súa función na Economía actual”: A Economía Social e o cooperativismo, a Economía Circular, Economía verde, Economía sostible, modelos alternativos de banca (banca ética) e de financiamento empresarial (micromecenazgo, financiamento colectivo, etc.), o papel da RSE na estratexia empresarial.

Relator: Rafael Alvaro Millan Calenti

  • “As novas profesións no contexto da Economía Dixital. Implicacións na xestión empresarial”. Profesións que poden desaparecer e as que xurdirán como consecuencia da chamada Economía dixital e que implicacións ten na xestión empresarial. Darase un enfoque do que os alumnos de hoxe se van atopar no futuro mercado laboral, de xeito que poida servir aos profesores para ir orientándoos de cara ao que está por vir.

Relator: José Ramón Porto

 

13:00 h Sesión de traballo MESA 2. A aprendizaxe en Economía mais alá das aulas. Experiencias.

  • Aprendizaxe a través dun simulador empresarial: Young Business Talents.

Javier Benito Torres, IES A Pontepedriña e M. Socorro López Ulloa, IES Eduardo Pondal.

  • Proxecto piloto de colaboración entre ensino medio e superior. Ciclo sobre bolsa e mercados financeiros.

Alberto Pérez César e Benjamín López Castro. Colexio Manuel Peleteiro

 

14:00 h Pausa comida

 

16:00 h. Sesión de traballo MESA 3. O modelo de ensino de Economía e a súa utilidade no futuro da mocidade

Modera: Luis Hervella

  • A educación económica e financeira e hábitos de comportamiento dos cidadans: ¿Cal é a imaxe e percepción social do ensino de contidos relacionados coa actividade económica e empresarial nas etapas educativas de ESO e Bacharelato? ¿Hai una imaxe negativa dos obxectivos perseguidos coa inclusión de materias relacionadas coa cultura económica e financeira na sociedade? ¿Cal é a verdadera utilidade desta formación no futuro profesional (e persoal) dos xoves? ¿Call debería ser a orientación desta educación para que sexa verdaderamente útil aos rapaces?

Relator: Dositeo Amoedo

  • Economía, Economía da empresa e probas de acceso á Universidad: unha reflexión sobre os procesos de formación e avaliación: En que medida os contidos curriculares das materias de Economía e de Economía da Empresa contribúen á consecución dos obxectivos fixados para as mesmas? Ata que punto a avaliación nas probas de acceso á universidade condiciona a orientación formativa e a metodoloxía docente?

Relator: José Manuel Sánchez Santos

 

18:00 h Presentación da fase galega e da fase estatal da X Olimpiada Española de Economía

Participan:

Emilia Vázquez, Decana da Facultade de CC.EE. da USC

Elena Rivo, Decana da Facultade de CC.EE. da U. de Vigo (institución organizadora da Fase galega da Olimpiada 2018)

Mari Luz Marco, Presidenta da Asociación Olimpiada Española de Economía

 

18:30 h Clausura do Encontro

 

Antecedentes e Obxectivos

Antecedentes e Obxectivos

O sistema educativo ten experimentado continuos e profundos cambios durante os últimos anos. A implantación e futuro da LOMCE, o fin das Probas de Acceso á Universidade (PAU) e a aparición da EBAU traen consigo cuestións de relevancia no ensino que afectan ao labor docente nas distintas etapas educativas, tanto no ensino medio en xeral e nas materias de economía en particular, como na formación universitaria, na medida que repercute no nivel de coñecementos que traen os estudantes de novo ingreso nas titulacións relacionadas coa Economía e a Xestión de Empresas.

Doutra banda, a implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, que supuxo a adaptación das titulacións universitarias ao plan Bolonia, trouxo consigo novas metodoloxías de estudo-aprendizaxe e sistemas de avaliación continua, que obrigaron ao profesorado universitario a un novo matinar nas programacións académicas, o que tamén afecta ao profesorado de ensino medio na medida en que repercute na súa docencia.

Adicionalmente, existen programas e recursos na área de economía e empresa que poden axudar aos docentes na súa tarefa e incentivar ao alumnado na súa preparación, como é a Olimpíada Nacional de Economía, proba que conta xa co recoñecemento oficial por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e que celebra unha fase local en Galicia desde hai xa oito anos.

Así mesmo, a Lei de Emprendemento sitúa a formación do espírito emprendedor e a difusión da cultura do emprendemento como un alicerce básico da formación dos mozos, xa que o desenvolvemento de competencias e habilidades emprendedoras constitúe unha área de especial interese para o seu futuro laboral.

Por todo iso, a Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC quere crear un espazo de encontro entre docentes de ensino medio e universitario, unha xornada conxunta na que tratar aspectos de interese para ámbolos dous colectivos e na que poidamos compartir coñecementos e experiencias co obxecto de mellorar a formación do profesorado, a calidade da docencia e o fomento dos estudos de Economía e Empresa en Galicia.

Así mesmo, con esta xornada preténdese difundir e promover a participación dos estudantes de Bacharelato na fase galega da Olimpíada de Economía, que se celebra, xeralmente, a finais de marzo, e cuxa fase nacional celebrarase por primeira vez en Galicia. Concretamente, a X edición da Olimpíada Española de Economía terá lugar do 25 ao 27 de xuño de 2018, na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

Comité organizador

Comité organizador

  • Por parte do ensino universitario
    • Emilia Vázquez, Decana Fac. de CC. Económicas e Empresariais da USC
    • Begoña Barreiro, Decana Fac. de Administración de Empresas do campus de Lugo, USC.
    • Anxo Calvo, Decano da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña.
    • Santiago Gómez, Decano da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.
    • Elena Rivo, Decana Fac. de CC. Económicas e Empresariais do campus de Ourense, da Universidade de Vigo.
    • Loreto Fernández, Vicedecana de Innovación e Relacións coas Empresas e Institucións na Fac. de CC. Económicas e Empresariais da USC
    • Luis Hervella Torrón, Coordinador Programa A Ponte da USC
  • Por parte do ensino secundario
    • Javier Benito Torres. IES A Pontepedriña, Santiago de Compostela
    • Mª Dolores do Campo, IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela
    • Javier González Álvarez. Asociación Galega de Ensinantes de Economía en Secundaria (AGAEDES).
    • Socorro López Ulloa, IES Eduardo Pondal, Santiago de Compostela
    • María Oubiña, CPR Compañía de María, Santiago de Compostela
    • Alberto Pérez César, CPR Manuel Peleteiro, Santiago de Compostela
    • Magdalena Pérez, CPR La Salle, Santiago de Compostela

Relatores

Relatores

José Sande
José Sande

É dende hai vinte anos profesor de secundaria da especialidade de Economía no IES Gil y Carrasco de Ponferrada (León) e profesor colaborador da UOC de Economía da Empresa dende hai dezaoito anos. Os seus materiais didácticos de balde (librosdetextogratis.com) utilízanse en gran parte dos institutos españois e a súa serie de 6 cómics divulgativos sobre educación financeira editáronse en China (e en chinés), con máis de 30.000 exemplares vendidos no país asiático.

Rafael Millan Calenti

Rafael Millan Calenti

Doutor en Dereito. Profesor de Dereito Mercantil na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de varios posgrao e Master. Secretario do Centro de Estudos Cooperativos da USC, desde a súa fundación en 2002 e Director desde 2015. Letrado da Xunta de Galicia.

Publicou diversas publicacións sobre Empresa e Economía Social, protección de datos, protección alimentaria e biotecnoloxía, e capacidade do menor.

José Ramón Porto Pedrido

José Ramón Porto Pedrido

Profesor de marketing da USC. Profesor e Coordinador do Master de Márketing Dixital da USC. Profesor colaborador na University College Dublin. Profesor colaborador nos MBA da Escola de Negocios A Fundación. Director xeral de Pe-márketing. Ex Director de márketing de Microsoft.

Dositeo Amoedo

Dositeo Amoedo

Analista Financeiro, membro do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF) en Galicia, Profesor de European Financial Planner no Instituto de Estudos Financeiros de Barcelona, Profesor do Máster de Banca, Finanzas e Seguros da USC, e en IFFE Business School. É CEO e fundador de www.planificacionfinanciera.es

José Manuel Sánchez Santos

José Manuel Sánchez Santos

Doutor en Economía pola UDC. Profesor Titular do Departamento de Economía da UDC. Director do grupo de traballo de Economía da Empresa para as probas EBAU. Presidente da comisión de avaliación de Economía da empresa nas probas EBAU.

Alberto Pérez César

Alberto Pérez César

Profesor de Economía e Xefe do departamento de Economía no Colexio M. Peleteiro.

Licenciado en CC. Empresariais pola USC. Autor do libro de texto “Economía da Empresa” de 2º de bacharelato.

Docente en distintos niveis educativos e formativos: bacharelato, formación profesional, formación ocupacional e formación continua.

Benjamín López Castro

Benjamín López Castro

Profesor de Economía no Colexio M. Peleteiro.

Licenciado en Economía pola USC. Máster en Administración Financeira e Tributaria pola USC.

Emprendedor no mundo dos servizos a empresas e particulares.

Javier Benito Torres

Javier Benito Torres

Licenciado en Ciencias Empresariais e en Economía. Profesor de ensino secundario coas especialidades de Economía, Administración de empresas e Organización e xestión comercial. Na actualidade exerce como profesor titular no IES Pontepedriña de Santiago de Compostela.

María Socorro López Ulloa

María Socorro López Ulloa

Licenciada en Ciencias Económicas pola USC. Profesora de ensino secundario coas especialidades de Economía, Administración de empresas e Organización e xestión comercial. Na actualidade exerce como profesora titular no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.

Formulario de inscrición

Desexa certificado de asistencia? (Marcar)
Desexa reserva para a comida na cafetería da Facultade? (Marcar)
Dá permiso para que se lle envíe información sobre posibles eventos futuros desde a Facultade? (Marcar)



Presentacións ponentes participantes