Empréga-T

Emprega-T

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en Santiago e a Facultade de Administración e Dirección de Empresas en Lugo poñen en marcha este programa que quere servir de encontro entre o seu alumnado e o mundo empresarial.

Nos meses de outubro e novembro de 2017 terá lugar un abano de actividades divididas en tres grandes bloques: formación, adestramento e relación co entorno.

Quérese ofrecer unha formación complementaria aos estudantes nas denominadas competencias brandas ou habilidades persoais, sociais e emprendedoras, co fin último de mellorar as súas competencias profesionais de cara a afrontar o seu futuro laboral, nunha dobre vertente:

  • Mellora da empregabilidade
  • Desenvolvemento do potencial emprendedor

 

O programa está formado por 3 tipos de actividades:

Sobre Empréga-T, por Carlos García Campos

 

 

 

Calendario

CALENDARIO EMPRÉGA-T

Fac. CC. Económicas e Empresariais (Santiago)

calendario empregate santiago galego

Fac. de Administración e Dirección de Empresas (Lugo)

calendario empregate lugo galego

(*) Xornada de presentación do programa aberta ao público sen inscrición previa

(1), (2) e (3) Seminarios impartidos pola Área de Orientación Laboral e Emprego, Vicerreitoría de Estudantes da USC: (1) Programa de Prácticas para a iniciación Profesional. Outros recursos e fontes de información para a busca de emprego; (2) Programas de prácticas internacionais, Recursos e Oportunidades de Traballo e mobilidade para a mocidade; (3) A busca de emprego 2.0: Coñece os recursos máis innovadores na busca de emprego en internet.

Máis información e inscricións

EMPRÉGA-T: www.empregate.usc.es

Documento descargable