O programa Empréga-T xunta emprendedores e estudantes en catro xornadas únicas

Os vindeiros 8, 15, 22 e 30 de novembro terán lugar catro encontros con persoas emprendedoras de diferentes sectores que compartirán súas experiencias profesionais co estudantado, ademais de levar a cabo un networking para fomentar a colaboración dos participantes

Os días 8, 15, 22 e 30 deste mes, a partir das 20.30 horas e en distintos e emblemáticos locais da cidade de Santiago, terán lugar os catro eventos que forman parte do programa Empréga-T. Catro encontros que unirán o mundo universitario e profesional dun xeito innovador e cunha duración aproximada de duas horas.

O primeiro encontro titulado, I Afterschool “Emprendendo no sector cultural: do ocio á empresa” celebrarase o 8 de novembro no pub Atlántico ás 20.3o horas. O encargado de levar a batuta nesta xornada será Pablo Castiñeiro de Vella Escola, unha entidade especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia.

Os interesados en break dance, graffiti, parkour ou skateboard dende unha perspectiva tamén laboral non deben perderse esta cita.

Tamén ás 20.3o horas, o mércores 15 de novembro terá lugar o II Afterschool co nome “O emprendemento tamén é social”, en Caldeirería 26, un dos fervedoiros culturais da cidade.

Contará coa participación de  Jesús González de Tapper, unha app para contribuir á redución do desperdicio alimentario. E tamén con Marcos López de 3DAcoustic, unha empresa que proporciona audífonos personalizados con moldes impresos en 3D.

O mércores 22, realizarase o III Afterschool “A importancia do traballo en equipo”, coa tutela do adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández no bar Reno ás 20.30 horas. Un encontro no que o deporte e os seus valores estarán moi presentes.

E para finalizar, o IV Afterschool “Falando en PechaKucha: presentacións finais e clausura do programa Empréga-T” celebrarase o xoves 30 no bar Singulario, un encontro de clausura diferente, xa que os protagonistas serán eles, os alumnos participantes no programa Empréga-T.

Sen dúbida, serán unhas xornadas nas que os emprendedores no social, cultural e deportivo compartirán e ensinarán aos estudantes da USC, as claves para o seu desenvolvemento profesional.

Deixa unha resposta