“Economía política versus Economics: o Estado e a economía”

Xosé Manuel Beiras Torrado e Manuel Jaime Barreiro Gil, inauguran o próximo 15 de febreiro os coloquios de economía aplicada na USC

O vindeiro xoves 15 de febreiro ás 12 da mañá na aula B da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, os profesores Xosé Manuel Beiras Torrado e Manuel Jaime Barreiro Gil, inaugurarán os Coloquios de Economía Aplicada: análise en clave galega, que se van a celebrar periodicamente desde febreiro a maio deste ano.

O título desta primeira intervención por parte dos profesores Beiras e Barreiro será: “Economía política versus Economics: o Estado e a economía”.

A asistencia será libre tanto para calquera membro da comunidade universitaria como, en xeral, da sociedade.

Os profesores Xosé Manuel Beiras Torrado e Manuel Jaime Barreiro Gil contan cunha dilatada experiencia profesional no eido académico.

O primeiro no campo da Estrutura Económica e o segundo no de Historia Económica, sendo insignes representantes do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ademais do seu extenso currículo académico, cabe destacar tamén o seu compromiso político en diferentes momentos da súa vida ocupando diversos postos representativos e/ou da administración pública.

Deixa unha resposta