Rector da Universidade de Santiago, Juan Viaño Rey; Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; e decana da Facultade de Económicas, Emilia Vázquez Rozas

O Congreso “50 Anos de Economía en Galicia” amosa o momento, a traxectoria e os distintos eidos da súa disciplina

Trece sesións e 44 relatores acoden ata mañá á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no marco do 50 aniversario destes estudos

O Congreso “50 anos de Economía en Galicia” celébrase, hoxe e mañá, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

A súa inauguración contou coas palabras do reitor, Juan Viaño Rey; o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; e máis da decana do centro, Emilia Vázquez Rozas.

Trátase dunha das grandes citas dentro do calendario de actividades conmemorativo dos 50 anos da posta en marcha dos estudos de Economía no país e conta cun total de 13 sesións nas que toman parte 44 relatores entre os que se atopan empresarios, economistas, xestores públicos e académicos.

En palabras de Emilia Vázquez: “Queremos dar a coñecer á sociedade a importancia que para o seu desenvolvemento teñen os nosos estudos, e pensamos que a mellor forma é mostrar, con exposicións de distintas temáticas, cal é a situación actual da economía galega e a súa evolución nos últimos anos”.

O Congreso “50 Anos de Economía en Galicia” conta con 150 inscritos e, a partir do seu contido e conclusións, prepararase un número especial da Revista Galega de Economía.

A primeira mesa da xornada encarou a Nova organización empresarial e contou coa presenza de importantes directivos do país, como José Antonio Varela González, Justino Bastida Calvo, Ramón Domínguez Rego, José Ramón Pérez Nieto, José Gabriel Barreiro Pérez e José María Fonseca Moretón, en representación do tecido empresarial galego.

Poboación, condicións da vida foi a temática da segunda cita, coas aportacións de María Xosé Rodríguez Galdo, Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, Eduardo Pis Sánchez e Bernardo Pena Trapero.

A terceira sesión centrouse en A formación universitaria: evolución, situación actual e futuro, da man de José Díez de Castro, José Carlos De Miguel Domínguez, Eduardo López Pereira e Emilia Vázquez Rozas.

Os cambios no sector industrial sumará a Xoán Carmona Badía e Xan López Facal, encarando as principais mudanzas e permanencias na industria durante os cincuenta anos de vida dos estudos universitarios de economía en Galicia.

Xa pola tarde, Fernando González Laxe e María Do Carme García Negro céntranse en A importancia do sector pesqueiro. Dende a Facultade desenvolvéronse importantes estudos de economía pesqueira.

Principais indicadores económicos de Galicia: evolución e situación actual, con María del Carmen Guisán Seijas e Maite Cancelo Márquez, analizará a evolución positiva da industria en Galicia durante o período 1990-2007, así como as negativas consecuencias da crise sobre o índice de produción industrial.

A última sesión da xornada de xoves, Recursos enerxéticos e mineiros,  abordará a súa andaina e máis as súas perspectivas de futuro, xunto a Xoán Doldán García, Rosa Regueiro  Ferreira e Xosé Antón Rodríguez González.

Xornada de venres no Congreso 50 anos de Economía en Galicia

Mañá, venres 13, o Congreso vai afrontar o mercado de traballo; os sectores agrario e forestal; o turismo como fonte de riqueza; os servizos financeiros e os cambios na banca; o gasto público; e a situación de Galicia en España e na UE.

A primeira cita, Mercado de traballo, reunirá a Alberto Meijide Vecino, Melchor Fernández Fernández, Laura Hospido Quintana, Juan Ramón García López.

Os cambios no sector agrario e forestal artellarán a mesa composta por Xosé Luis Quiñoá López, Edelmiro López Iglesias e María Loureiro García.

A continuación, María Nava Castro Domínguez, Jose Antonio Fraiz Brea e Fidel  Martínez Roget afrontarán O turismo como fonte de riqueza: rural, termal, cultural…

 Xa na tarde do venres, Servizos financeiros e os cambios na banca é o título do relatorio con José Antonio Redondo López, Juan Ramón Quintás  Seoane e Francisco Domínguez Martínez.

A sesión sobre Evolución e control do gasto público estará a cargo de Luis Caramés Viétez e Miguel Ángel Vázquez Taín.

E, coma peche, Galicia en España e na UE sumará a Emilio Pérez Touriño e Jaime Barreiro Gil.

O Congreso será clausurado o venres ás seis da tarde, coa presenza do Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García, a Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Maria Dolores Álvarez Pérez, e a decana da Facultade Emilia Vázquez Rozas.

 

 

Deixa unha resposta