Conferencia da profesora Ana María López sobre os factores de crecemento económico rexional e perspectivas de evolución

Baixo o título “Factores determinantes do crecemento económico rexional e perspectivas de evolución”, a profesora titular do Dep. de Economía Aplicada da Fac. de CC. Económicas e Empresariais na Universidade Autónoma de Madrid e membro do Instituto Universitario de Predición Económica Lawrence R. Klein, Ana María López, impartirá unha conferencia o vindeiro luns, 25 de xuño no salón de Graos da Facultade de Económicas e Empresariais da USC. López é presidenta da Conferencia de Decanos e Decanas das Facultades de Economía de España.

Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC
Luns 25 de xuño de 2018, ás 11:30 h

Deixa unha resposta