CONFEDE

Encontro da CONFEDE

A Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE) celebrará unha reunión en Santiago, os días 31 de maio e 1 de xuño de 2018.

A CONFEDE constituíuse no ano 1998 en Albacete e forman parte dela as decanas e os decanos das Facultades e centros autorizados para expedir e impartir os diversos títulos oficiais en Economía e Administración e Dirección de Empresas.

A CONFEDE, que se reúne dúas veces ao ano, funciona como favorecedor da cooperación entre facultades de economía e empresa.

Ademais, este organismo serve como vía para acadar acordos, transmitir información de interese e expresar a opinión do colectivo.

 

A cita na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago será no Salón de Graos.