Concursos de logotipo e eslogan para o X aniversario da Olimpiada de Economía

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago pertence a esta asociación

A Asociación Olimpíada Española de Economía convoca dous concursos destinados a crear a identidade visual e o slogan conmemorativos do seu X aniversario, que se celebra neste curso 2017-18.

O concurso de logotipo ten unha dotación de 700 euros como primeiro premio, con diplomas para o segundo e o terceiro, e está aberto a todos os interesados. Pola súa banda o concurso para slogan ten unha tablet de primeiro premio, diplomas para o segundo e o terceiro clasificados, e está reservado para os profesores de economía e economía de empresa de bacharelato.

Bases concurso Eslogan X Aniversario Olimpiada

Bases concurso Logo X Aniversario Olimpiada

A fase final da X Olimpíada de Economía celebrarase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago.

Deixa unha resposta