Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra este xoves o seu patrón

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra este xoves 5 de abril o seu patrón, San Vicente Ferrer, nun completo acto que terá lugar a partir das 12.00 horas no salón de graos do centro

Presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, o acto comezará cunhas palabras de benvida da decana, Emilia Vázquez Rozas, para proceder á entrega dos premios de pintura CreArte na Universidade 2018 e Fulget 2017, ademais dos extraordinarios de Grao e Máster, á Calidade Lingüística do Servizo Normalización Lingüística e o ‘María Carmen Guisán Seijas’ á Introdución da Perspectiva de Xénero. A continuación terá lugar un pequeno recoñecemento á acción solidaria da Facultade coa asociación Centinelas.

A cerimonia rematará coa conferencia de María del Carmen Guisán Seijas, profesora ad honorem do Departamento de Economía Cuantitativa da USC, tituladaRetos da economía europea e perspectivas de emprego en Galicia’.

Deixa unha resposta