Campaña Solidaria

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago quere, neste 50 aniversario, reforzar a súa cara solidaria.

A Árbore Solidaria volverá instalarse na entrada principal do centro cando se achegue o Nadal e, en colaboración coa Oficina de Voluntariado da USC, prepararanse distintas accións.

Cómpre salientar que un equipo de estudantes voluntarios colabora con este 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia.