A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acollerá o 26 de xaneiro o “Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior”

Ata o venres 19 é posible apuntarse, de balde, a esta cita enmarcada nas actividades do 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia

A conmemoración do 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia propicia un encontro entre profesores de Economía e Administración de Empresas de ensino medio e superior, que se celebrará o venres 26 de xaneiro.

 

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acollerá esta cita, á que aínda poden apuntarse os docentes interesados ata o venres 19.

 

Xa están apuntados máis de 80 mestres que compartirán coñecementos e experiencias, para a mellora e o desenvolvemento dos estudos de Economía e Empresa en Galicia e favorecer o achegamento entre estes colectivos docentes.

 

Abordaranse distintos campos como os cambios da lexislación educativa e da economía dixital, distintas experiencias didácticas, a importancia das competencias transversais ou as necesidades por parte dos estudantes.

 

Outro dos obxectivos deste encontro é acadar a máxima difusión da X Olimpiada Española de Economía nos centros de ensino secundario, xa que a próxima edición da fase estatal celebrarase en xuño de 2018 na universidade compostelá. Por iso, 14 docentes de fóra de Galicia, pertencentes á Xunta Directiva da Asociación Olimpíada Española de Economía, estarán presentes para a firma do acordo da Olimpíada.

 

O programa

A xornada comezará o venres 26 ás 9.00 horas e rematará ás 18.30 horas.

 

9:30 h Inauguración. Contará coas intervencións do Reitor da USC; a Decana da Fac. de CC. Económicas e Empresariais; o coordinador programa A Ponte da USC; o Director Xeral de Ensino Medio; e o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia.

 

10:00 h Relatorio convidado: El reto de la enseñanza de la Economía con la LOMCE“. Relator: José Sande. Profesor de Economía no IES Gil y Carrasco de Ponferrada, e profesor de Economía de la Empresa na Universidad Oberta de Cataluña.

 

11:30 h Sesión de traballo MESA 1. As competencias dos futuros profesionais da Economía. Modera: Loreto Fernandez.

  • “As novas formas de organización das empresas e súa función na Economía actual”: A Economía Social e o cooperativismo, a Economía Circular, Economía verde, Economía sostible, modelos alternativos de banca (banca ética) e de financiamento empresarial (micromecenazgo, financiamento colectivo, etc.), o papel da RSE na estratexia empresarial.

Relator: Rafael Álvaro Millan Calenti

  • “As novas profesións no contexto da Economía Dixital. Implicacións na xestión empresarial”. Profesións que poden desaparecer e as que xurdirán como consecuencia da chamada Economía dixital e que implicacións ten na xestión empresarial. Darase un enfoque do que os alumnos de hoxe se van atopar no futuro mercado laboral, de xeito que poida servir aos profesores para ir orientándoos de cara ao que está por vir.

Relator: José Ramón Porto

 

13:00 h Sesión de traballo MESA 2. A aprendizaxe en Economía mais alá das aulas. Experiencias.

  • Aprendizaxe a través dun simulador empresarial: Young Business Talents.

Javier Benito Torres, IES A Pontepedriña e M. Socorro López Ulloa, IES Eduardo Pondal.

  • Proxecto piloto de colaboración entre ensino medio e superior. Ciclo sobre bolsa e mercados financeiros.

Alberto Pérez César e Benjamín López Castro. Colexio Manuel Peleteiro

 

 

16:00 h. Sesión de traballo MESA 3. O modelo de ensino de Economía e a súa utilidade no futuro da mocidade Modera: Luis Hervella

  • A educación económica e financeira e hábitos de comportamento dos cidadáns: Cal é a imaxe e percepción social do ensino de contidos relacionados coa actividade económica e empresarial nas etapas educativas de ESO e Bacharelato?

 Relator: Dositeo Amoedo

  • Economía, Economía da empresa e probas de acceso á Universidad: unha reflexión sobre os procesos de formación e avaliación: En que medida os contidos curriculares das materias de Economía e de Economía da Empresa contribúen á consecución dos obxectivos fixados para as mesmas?

Relator: José Manuel Sánchez Santos

 

18:00 h Presentación da Olimpiada de Economía: fases galega e estatal.

Participan

  • Emilia Vázquez, Decana da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC.
  • Elena Rivo, Decana da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, (institución organizadora da Fase galega da Olimpíada 2018).
  • Mari Luz Marco, Presidenta da Asociación Olimpiada Española de Economía.

 

18:30 h Peche do Encontro

 

Máis información e inscricións na web oficial do 50 aniversario de estudos de Economía en Galicia, 50aniversarioestudioseconomiagalicia.gal.

 

Nota_de_prensa

Deixa unha resposta