Presentación do 50 Aniversario dos estudos de economía en Galicia

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago celebra os 50 anos do comezo dos seus estudos en Galicia. E, para elo, programa un ano escolar cheo de actividades coas que divulgar a súa traxectoria, pór de manifesto todo o que ofrece e leva ofrecido á sociedade e mirar cara o futuro con optimismo.

Os seus alumnos, actuais e antigos, serán protagonistas dun abano de citas.

  • “As novas finanzas no mundo dixital”, curso de verán na Facultade de Económicas da USC

    Os días 4 e 5 de xullo desenvolverase o curso “As novas finanzas no mundo dixital”

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, xunto á delegación en Galicia do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF), a Fundación Abanca, e máis o Grupo de Investigación VALFINAP do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC organizan o Curso de Verán “As novas finanzas no mundo dixital”.

    Está dirixido a estudantes universitarios de calquera titulación, docentes, profesionais da industria financeira e público en xeral, ata un máximo de 80 participantes.

    Toda a información sobre o mesmo está dispoñible no seu Ler Máis

  • A economía do país, analizada dende todos os ángulos no Congreso“50 Anos de Economía en Galicia”

    Congreso 50 anos de economía en Galicia Xosé Luis Quiñoá López, Edelmiro López Iglesias e María Loureiro García

    A clausura contará coa presenza do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García; a vicerreitora Maria Dolores Álvarez Pérez; e o vicedecano Fidel Martínez Roget

    O Congreso “50 anos de Economía en Galicia” vive hoxe a súa última xornada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

    O seu acto de clausura desenvolverase ás 18.00 horas, coa presenza do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García; a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Maria Dolores Álvarez Pérez; e o vicedecano de Asuntos Económicos, Fidel Martínez Roget .

    O evento está a contar cunha grande afluencia de público e os relatores salientan a calidade dos debates que seguen a todas ... Ler Máis

  • O Congreso “50 Anos de Economía en Galicia” amosa o momento, a traxectoria e os distintos eidos da súa disciplina

    Rector da Universidade de Santiago, Juan Viaño Rey; Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; e decana da Facultade de Económicas, Emilia Vázquez Rozas

    Trece sesións e 44 relatores acoden ata mañá á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no marco do 50 aniversario destes estudos

    O Congreso “50 anos de Economía en Galicia” celébrase, hoxe e mañá, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

    A súa inauguración contou coas palabras do reitor, Juan Viaño Rey; o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; e máis da decana do centro, Emilia Vázquez Rozas.

    Trátase dunha das grandes citas dentro do calendario de actividades conmemorativo dos 50 anos da posta en marcha dos estudos de Economía no país e conta cun total de 13 sesións nas ... Ler Máis

  • O Congreso “50 Anos de Economía en Galicia” abordará esta semana a disciplina dende múltiples perspectivas

    Un total de 44 relatores tomarán parte de 13 sesións que se desenvolverán o xoves 12 e o venres 13, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolle o xoves 12 e o venres 13 de abril o Congreso “50 Anos de Economía en Galicia”.

    Trátase dunha das grandes citas dentro do calendario de actividades conmemorativo dos 50 anos da súa posta en marcha e contará cun total de 13 sesións nas que tomarán parte 44 relatores entre os que se atopan empresarios, economistas, xestores públicos e académicos.

    A súa inauguración será o xoves 12, ás 9:30 horas.

    Apunta a ... Ler Máis

  • Xornada de festa e premios na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC co gallo da festividade de San Vicente Ferrer

    grupo de premiados e autoridades no Día do Patrón de Económicas de Santiago 2018

    Cooperativa Lácteas Unidas (CLUN) recibiu o premio Premio Fulget 2017, que recoñece a empresas galegas

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago celebrou a festividade de San Vicente Ferrer, patrón dos seus estudos, cun evento no que se desvelaron os gañadores de distintos premios académicos, artísticos e honoríficos.

    A xornada comezou coas palabras da decana do centro, Emilia Vázquez Rozas, e do vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, e pechouse cun relatorio da profesora María del Carmen Guisán Seijas sobre ‘Retos da economía europea e perspectivas de emprego en Galicia’.

    Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) recibiu o premio Premio Fulget 2017, que recoñece a empresas ou ... Ler Máis

  • Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra este xoves o seu patrón

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra este xoves 5 de abril o seu patrón, San Vicente Ferrer, nun completo acto que terá lugar a partir das 12.00 horas no salón de graos do centro

    Presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, o acto comezará cunhas palabras de benvida da decana, Emilia Vázquez Rozas, para proceder á entrega dos premios de pintura CreArte na Universidade 2018 e Fulget 2017, ademais dos extraordinarios de Grao e Máster, á Calidade Lingüística do Servizo Normalización Lingüística e o ‘María Carmen Guisán Seijas’ á Introdución da Perspectiva de Xénero. A continuación terá lugar un pequeno recoñecemento á acción ... Ler Máis

  • O cupón da ONCE deste xoves dedícase ao 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia

    decana de Económicas da USC, Emilia Vázquez, e o director da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro Canosa

    A ONCE súmase á conmemoración do 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia coa emisión dun cupón dedicado a esta celebración. O boleto corresponde ao da xornada deste xoves 5 de abril, festividade de San Vicente Ferrer, patrón desa rama de estudos.

    O cupón presentouse publicamente este martes na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago nun acto no que participaron a decana do centro, Emilia Vázquez, e o director da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro Canosa.

     

    Ler Máis
  • O concurso de pintura CreArte, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, xa ten premiados

    Premio CreArte Gañador 2018

    Sara Piñeiro é a gañadora da sétima edición con Holocausto; e o accésit recibirao Víctor Rodríguez Espiñeira, por Estación

     

    O certame de pintura CreArte, impulsado dende a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, xa ten premiados para a súa VII edición.

    Sara Piñeiro é a gañadora con Holocausto; mentres Víctor Rodríguez Espiñeira recibirá un accésit por Estación. Acadan, respectivamente, 700 e 400 euros.

    Presentáronse un total de 18 obras. Piñeiro é estudante de Belas Artes en Pontevedra.

    O acto de entrega de premios será o próximo 5 de abril ás 12 horas, no acto de conmemoración de San Vicente Ferrer, patrón da Facultade. Abrirase entón unha exposición ... Ler Máis

  • Presentación no centro do número 153 da revista Papeles de Economía

    Na mesa do evento estarán a decana, María Emilia Vázquez Rozas; o conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde López; o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña Pérez de Tudela; o director da revista Papeles de Economía, Eduardo Bandrés Moliné; e máis o coordinador do número 153, o catedrático Luis Caramés.

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolleu a presentación do número 153 da revista Papeles de Economía, adicado á “Economía de las Ciudades”

    No acto estiveron presentes a decana do centro, María Emilia Vázquez Rozas; o conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde López; o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña Pérez de Tudela; o director da revista Papeles de Economía, Eduardo Bandrés Moliné; e máis o coordinador do número 153, o catedrático Luis Caramés.

    Máis información sobre o número 153 de Papeles de Economía

    Ler Máis
  • O número 153 de Papeles de Economía presentarase na Facultade de CC. Económicas e Empresariais de Santiago

    Facultade de Económicas Santiago Papeles de Economía Española, número 153

    O número temático sobre “Economía de las Ciudades” de Papeles de Economía amosarase o xoves 15 de marzo, ás 13:00 horas

    A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago continúa a programar actividades, no marco do 50 aniversario dos seus estudos en Galicia.

    O xoves 15 de marzo, ás 13:00 horas, o Salón de Grados do centro acollerá a presentación do número 153 da revista Papeles de Economía: “Economía de las Ciudades”.

    Na mesa do evento estarán a decana, María Emilia Vázquez Rozas; o conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde López; o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña Pérez de Tudela; o director da revista Papeles de Economía, Eduardo Bandrés Moliné; ... Ler Máis